Servizos xerais

O PP recrimina que o goberno local incumpra o auto que obriga a readmitir ás traballadoras do 010, atrasando a recuperación do servizo

By 16 Febreiro, 2023No Comments

Os populares defenderán unha moción de urxencia no pleno para que o Concello de Lugo execute de inmediato o auto e lembran a Paula Alvarellos que xa rematou o prazo de 20 días dado polo xulgado para contratar de novo ás traballadoras

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará ao pleno do xoves unha moción de urxencia para que o Concello de Lugo readmita de inmediato ás catro traballadoras do servizo 010 despedidas e que, segundo un auto xudicial o goberno local ten que reincorporar de inmediato.

Antonio Ameijide sinala que se pedirá nesta iniciativa a execución inmediata do auto xa que xa pasaron os 20 días de prazo que daba o auto para reincorporar ás catro empregadas. “Paula Alvarellos, como profesional do dereito que é, debería saber mellor que ninguén a obriga que ten de executar en prazo este auto”, sinala.

 

Colección de causas xudiciais perdidas

Os concelleiros populares aseguran categoricamente que a xestión deste goberno local á fronte do servizo de persoal “é un fiasco” enumerando a colección de causas xudiciais perdidas, que se suman á marcha do xefe de persoal hai poucos días.

– A condena por ter a un psicólogo traballando como informático

– A sentenza que anulou o nomeamento do xefe de arquitectura o obrigou ao goberno local a readmitir á outra candidata do proceso

– A condena a pagar a un policía local o complemento de nocturnidade que o goberno local deixou de pagarlle

– A condena a pagar a un policía local o que o goberno local lle rebaixou durante o permiso de paternidade

– A condena ao Concello de Lugo a repetir o exame de promoción interna dunha praza de enxeñeiro de camiños

– A condena ao Concello de Lugo a recoñecer como persoal laboral a un traballador

– A condena ao Concello de Lugo a devolver aos lucenses o cobrado de máis pola taxa de vaos

Outro exemplo da neglixente xestión de Paula Alvarellos son 115.207.837,3€ pagados con reparos de legalidade dende que é responsable de economía.

“Paula Alvarellos poderá dar leccións de moitas cousas pero, de respecto á legalidade non. Para dar leccións hai que ter lexitimidade e, neste caso, Alvarellos está totalmente desacreditada”, sentencia.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies