CulturaSeguridadeTráficoTurismo

O PP reitera a necesidade de instalar un paso de peóns na Ronda do Carme para dar seguridade no Camiño Primitivo

By 1 Xullo, 2020No Comments

A concelleira do grupo municipal popular, beatriz vázquez, sinala que hai varios anos que a xunta de galicia requeriu ao concello a colocación dun paso de peóns neste punto pero que, a día de hoxe, seguen a obviar esa petición

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, pide ao goberno local a creación dun paso de peóns na Ronda do Carme, á altura do Camiño Primitivo, xa que é unha avenida de catro carrís de circulación pola que teñen que cruzar os peregrinos, pese ao perigo que entraña, xa que a visibilidade é moi limitada.

Beatriz Vázquez recorda que esta non é unha petición nova, se non que xa hai varios anos que se está a demandar a instalación dun paso de peóns neste punto para garantir a seguridade. De feito, a Xunta de Galicia, no ano 2017 remitiu dous escritos a Lara Méndez solicitando a sinalización dun paso de peóns na Ronda do Carme, no lugar polo que pasa o Camiño, obra enmarcada dentro das obras de acondicionamento do Camiño Primitivo, pero vemos que a rexedora aínda non tivo a ben atender dita solicitude.

A concelleira popular sinala que incluso o BNG reclamou máis medidas de seguridade e prevención neste punto, chegando a presentar rogos en comisión para que se levase a cabo esta medida e organizando actos nese mesmo punto para reclamar a sinalización do cruce do Camiño de Santiago coa ronda do Carme. “Resulta curioso o rápido que se esquecen no BNG das súas reclamacións porque cando estaban na oposición pedían a colocación dun paso de peóns e, agora que teñen competencias para facelo, xa non recordan as súas demandas”, explicaron.

Para a popular non hai escusa posible ante esta situación. Sinalizar un paso de peóns é unha competencia municipal, algo que agora semellan esquecer no goberno local para non realizar esta actuación, polo que é preciso que se poñan a traballar con celeridade para que o Camiño Primitivo, ao seu paso pola Ronda do Carme, conte cunha zona segura para cruzar a rúa e non ter que lamentar logo ningún incidente.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies