InfraestruturasObras

O PP reivindica o saneamento e sumidoiros para os veciños e industriais do entorno da rúa Miñato

By 19 Abril, 2016Sin comentarios

Antonio Ameijide lembra que hai un acordo plenario unánime de outubro de 2014 para “acometer o abastecemento de auga e sanemento co anel hídrico que se fixo na zona e dotar destes servizos aos afectados do barrio das Gándaras”

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita melloras nas infraestructuras do barrio das Gándaras tanto na dotación de saneamento como arranxos nas vías do entorno.  Entre as vías que presentan un estado máis lamentable atópase a rúa Miñato “con fochancas de grandes dimensións por onde é moi complicado e perigoso circular”. O concelleiro popular Antonio Ameijide reclama o acondicionamento do seu firme “moi utilizada polos veciños do entorno da Campiña e de  As Gándaras”.

Además da  reparación da rúa Miñato, que discorre paralela á Ronda Norte, hai outras  rúas no entorno que tamén están en mal estado.

Outro asunto pendiente que afecta a 21 vivendas e 3 naves industriais das Gándaras é a dotación dos servizos de auga potable e sumidoiros. Antonio Ameijide recriminou a tardanza en acometer estas obras xa que hai unha proposición de autoría do PP, aprobada por unanimidade en Outubro de 2014, na que se reclamaba estas melloras para o barrio. O edil do PP lamenta que a inversión feita no anel hídrico que circunvala a cidade e pasa a carón do barrio non se aproveitase para dotar destes servizos básicos ao barrio”.

Ameijide explicou que se trata dunha obra sinxela “só habería que conectar , mediante unha arqueta á altura da rúa Miñato, á canalización principal”. Para as vivendas e naves do Camiño das Regas e Cortiña do Monte sería necesario construir un conducto duns 100 metros de lonxitude aproximadamente para conectar co novo anel hídrico”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies