O Grupo Popular co obxecto de clarificar a afirmación do bigoberno que asegura que hai actividades organizadas dende o Concello de Lugo na zona rural pedirá na vindeira comisión que se detalle a programación que se está a desenvolver nalgunhas escolas e centros de dinamización, o número de veciños que se benefician dela así como a previsión de actividades para o que queda de ano.
Os populares lamentan que Méndez e Arroxo falten á verdade “para negar a evidencia que non é outra que a discriminación sistemática co rural” engadindo que “cando se destapa a súa falta de apoio aos veciños e veciñas do rural en vez de rectificar se dedican a lanzar cortiñas de fume para tapar este ninguneo”. “A proba máis evidente de que nas escolas da zona rural de Lugo non hai ningún tipo de actividade témola no deficiente estado dalgúns dos inmobles así como na falta de mantemento do seu entorno” puntualizaba Manuel López.
Tal e como se pode apreciar nas imaxes da montaxe que adxuntamos a maioría destes edificios, que antes eran un punto de encontro para os cidadáns, levan meses pechados con cero actividades tanto no seu interior como nas zonas do entorno. Nalgúns deles como no do Burgo ou en Santa María de Bóveda a maleza mesmo tapa a entrada ou as ventás . Outros como a escola de Cuíña ou o centro de dinamización de Coeses necesitan un desbroce urxente da súa contorna …