Festas

O PP retírase da comisión de festas do San Froilán

By 8 Setembro, 2023No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe un escrito comunicando ao bipartito que se retira da Comisión de Festas do San Froilán. O concelleiro popular Javier Vázquez explica as razóns polas que plantan esta comisión:

 

  1. Disfrazan baixo a apariencia dunha comisión un ordeno e mando: “non é unha comisión é unha sumisión xa que se utiliza este foro para informar dunha programación que xa teñen decidida con antelación. Aos dous días de xuntarnos desvelan nos medios de comunicación actuacións e actividades que nin mencionaron na xuntanza do luns”
  2. Rexeitamos o ninguneo permanente do bipartito: “fixemos unah batería de propostas e non se nos deu retorno tan só garantizaron o pregoeiro que propuxemos”. No momento en que queiran contar con nós e darnos participación real aquí estaremos sempre a súa disposición”.
  3. Boicoteo do PSOE ao San Froilán que contraprograma e aposta de forma clara polo Caudal Fest e que garda silencio sen prestar ningún interese en presumir das patronais de Lugo cando é un evento senlleiro que forma parte do patrimonio cultural inmaterial de Lugo
  4. Non son as nosas festas. Non nos sentimos representados nun programa no que hai moito de improvisación e irregularidades en contratacións como a maquetación, edición e impresión de programas das festas cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e por iso se paga con reparo de legalidade”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies