Os populares mantiveron unha xuntanza cos veciños da Residencia para explicarlles con detalle o proxecto do carril bici, unha infraestrutura que percorrerá numerosas rúas deste barrio e que destruirá máis de 300 prazas de aparcamento
Concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo mantiveron esta tarde unha xuntanza con veciños da zona da Residencia para explicar a situación na que quedará o barrio trala entrada en funcionamento do carril bici que Lara Méndez está a executar nesa zona da cidade.
A xuntanza, realizada a petición dos propios veciños, xorde trala alarma xerada no barrio xa que se van a destruír máis de 300 prazas de aparcamento, nunha zona na que xa é complicado estacionar e que, en poucos meses, aínda será peor, xa que abrirán novas dotacións fundamentais para o barrio. “Perder prazas de estacionamento na A Residencia é case unha catástrofe xa que son e serán moi necesarias porque alí se abrirá un centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade e unha oficina de emprego”, apuntan.
Os populares detallaron o proxecto aos veciños da Residencia e lles explicaron que este carril bici se licitou por 1.226.979,93€, e contempla a eliminación de 336 prazas de estacionamento en só 14 rúas moitas delas no propio barrio da Residencia ou na súa contorna (Paseo do Miño, Dona Urraca, Pintor López Guntín, Río Ulla, Rúa da Saúde, Rúa Azalea, Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, Xermán Alonso, Rúa Orquídea, Rúa Ameneiro, Río Navia, Concepción Arenal e Frai Plácido Rei Lemos).
Neste senso, destacan o exemplo máis claro. En Marqués de Ombreiro destruiranse 100 prazas de estacionamento, polo que tanto populares como veciños piden unha revisión da zona pola que discorrerá o carril bici xa que se optan por recolocalo na outra marxe da vía non se perderán tantas prazas de estacionamento.
Os populares son conscientes de que esta zona ten un problema grande de aparcamento xa moitos dos edificios son antigos, carecendo a maioría deles de garaxe, polo que os veciños afectados non terán alternativas, nin opción de alugar unha praza, debido a que nesta zona practicamente non hai opción.
Tamén explicaron a “saída” do bigoberno para paliar a perda de prazas de estacionamento que decidiu Lara Méndez: un aparcadoiro disuasorio na rúa Alcalde Francisco Lamas López con 16 prazas de estacionamento. “Vemos como lle dan luz verde a proxectos se presentar alternativas ao tráfico, xa que a creación de 16 prazas de estacionamento non é unha solución fronte a destrucción de máis de 300”, explican.
Para os concelleiros do Grupo Popular o carril bici é unha boa idea, sempre e cando se realice con “coherencia e sexa planificado” xa que vemos que está a xerar máis problemas que solucións aos lucenses. “Un carril bici ben plantexado non deixaría fóra ao 80% da cidade e tampouco esquecería o campus, os centros de formación profesional, os centros educativos e o propio centro da cidade, puntos nos que a cidadanía demanda itinerarios seguros en bicicleta”, sinalan.