- Elena Candia aproveitou para lembrar que ata o 19 de agosto está aberto o prazo para que o Concello de Lugo se presente ás axudas da Rede de Mercados Excelentes de Galiciaimpulsada pola Xunta para potenciar as prazas de abastos como “o mellor escaparate do produto galego de calidade” vinculándoos a valores como a sostenibilidade, a protección do medio ambiente o trato persoalizado
- As subvencións da Consellería de Comercio son para mellora de instalacións, servizos para a clientes, equipamento comercial e eficiencia enerxética
VENRES 9 DE AGOSTO
- Na visita que a voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, xunto con compañeiros e compañeiras da agrupación do PP, fixeron á Praza e ao Mercado de Quiroga Ballesteros entregaron en man, posto a posto, unha invitación para participar nunha xuntanza que se desenvolverá o vindeiro día 20 deste mes.
- Este encontro forma parte da filosofía de traballo de #EscoitaActiva que promove o Partido Popular co obxecto de intercambiar opinións e abordar preocupacións, especialmente relacionadas co retraso das obras de peonalización así como a falta dun plan de mobilidade.
DEFICIENCIAS SEN SOLUCIONAR
- Os populares tamén lamentaron que, a pesar de identificar no pasado mes de marzo diferentes deficiencias e das que o Grupo Popular informou ao goberno local a través dun ROGO, persisten prácticamente os mesmos problemas.
- A concelleira popular Mar Carballas explicou que non se solucionaron: desperfectos no chan en corredores e entrada; desconchados na pintura de paredes e teitos por humidades; maquina con información municipal que non funciona; caixas de cables sen tapa; pegatinas de distancia do COVID en mal estado
- Tampouco se actualiza a web cuxas últimas entradas son de xaneiro de 2022 e que había un compromiso de que se renovaría no primeiro trimestre de 2024.