XOVES 30 DE XANEIRO DE 2025
Elena Candia desmontaba as contas do PSOE e do BNG con datos, indicando que non son ilusionantes xa que en 2025 haberá menos investimentos diminuindo este por primeira vez nos últimos anos. Dixeron que foi un ano duro para o concello pero ás familias e aos autónomos vanlles subir os impostos.
A voceira popular explicou que “non é que non teñan dinero senon a onde o destinan. Candia salientou que lle dán o dobre de diñeiro a (como definiu o señor Arroxo) unha entidade veciñal, que está nas cinzas e en proceso de autodemolició que a Cáritas; ou que destinan 6 veces máis a xestionar as redes sociais que a ASPACE; ou 10 veces máis que á Asociación do Cancro”.
A popular tamén lamentou o uso abusivo de contratos menores na área de dinamización económica xa que na partida de propaganda teñen máis orzamento que todo o que destina a o EMEVE e ao ENSINO xuntos.
A voceira popular afeou que o goberno local presentase os orzamentos tarde e sen consensuar coa oposición nin cos representantes dos traballadores. Lembrou como o PP rexistrou unha batería de emendas para que Lugo teña unhas contas, máis equilibradas e sociais, que van na mesma liña que o medio cento de propostas que se presentaron o pasado 13 de xaneiro
O Partido Popular lamentou que a FALTA DE RESPECTO da alcaldesa que dixo que non “quería ser grosera” pero tachase de “ridículas” as nosas propostas entre as cales se inclúe a de impulsar un Plan local de Saúde Mental.
Elena Candia agradeceu que aceptasen estudar a entrada a Lugo pola Fervedoira, ampliar as instalcións da protectora, cubrir pista petanca, cumprir co convenio do aparcadoiro do Carme ou que incluso o BNG aposte polo Camiño de Santiago, que tanto denostou, e que agora invista na súa contorna
En resumo, PSOE e BNG intentan vender rigor e equilibrio, pero a realidade é outra: presentan as contas máis baixas dos últimos anos, baseadas en previsións irreais e sen garantir investimentos estratéxicos para a cidade.