Os concelleiros populares amosaron a súa satisfacción tras acadar o compromiso do Concello de Lugo para reclamar a Pedro Sánchez incluír as partidas necesarias para impulsar infraestruturas como: finalización A-54 (autovía Lugo-Santiago), A-56 (autovía Lugo-Ourense), reconstrucción do viaducto derribado no Castro na A-6, impulso do ferrocarril en Lugo (cara a meseta por Ourense, cara a Santiago e cara á Mariña), redacción de estudios e proxectos para o desdobramento e iluminación do trazado da Rolda Norte (N-640) e da N-6 entre Garabolos e o enlace coa estrada N-540, redacción de estudios para a execución de vías de servicio paralelas á autovía A-6 entre os puntos kilométricos 497 e 500 en ambos sentidos e a comisaria da Policía Nacional.
Nos últimos días o Goberno central presentaba os orzamentos para o vindeiro ano. Uns orzamentos que se manteñen no bloqueo e que convidan ao pesimismo.
A día de hoxe as previsións de inversións na nosa comunidade autónoma confirman que o plan de reequilibrio entre territorios segue a ser unha utopía. Se ben é certo que a pandemia e a invasión rusa de Ucrania configuran un escenario no que a incertidumbre fai complexa a planificación orzamentaria, non é menos certo que estas contas deixan, novamente, a Galicia, e concretamente a Lugo, ao marxen en infraestructuras e servizos.
Galicia pasa de 180 millóns de euros en 2022 a 181 millóns en 2023 (incremento dun 0,39%) o que provoca que todas as actuacións sexan de lenta execución, xa que se ben é certo que algunhas están orzamentadas, tamén é certo que os importes evitan o seu impulso ou, simplemente, as condenen a desaparecer.
Así, estamos ante uns orzamentos que non son realistas e non ofrecen unha saída ante a crisis. Carecen dunha partida específica para a reconstrucción da A-6 ou ofrecen cantidades ínfimas para obras como a autovía Lugo-Santiago ou a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense.
No proxecto de Orzamentos para 2023 non se contempla partida a conexión entre Lugo e a comarca de A Mariña ou coa capital de Galicia por ferrocarril, unhas conexións moi necesarias para mellorar as obsoletas comunicacións ferroviarias da provincia lucense.
As contas certifican a defunción da alta velocidade para Lugo, e lonxe de incrementar os investimentos na cidade, reducen os mesmos, olvídandose tamén da comisaria da Policía Nacional, unha infraestructura necesaria que a sociedade de Lugo pide con insistencia e que resulta imprescindible para garantizar o nivel de servizos que está a prestar esta unidade.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
Que o pleno do Concello de Lugo inste ao Goberno do Estado a incluir as partidas necesarias para impulsar infraestrucutras como: finalización A-54 (autovía Lugo-Santiago), A-56 (autovía Lugo-Ourense), reconstrucción do viaducto derribado no Castro na A-6, impulso do ferrocarril en Lugo (cara a meseta por Ourense, cara a Santiago e cara á Mariña), redacción de estudios e proxectos para o desdobramento e iluminación do trazado da Rolda Norte (N-640) e da N-6 entre Garabolos e o enlace coa estrada N-540, redacción de estudios para a execución de vías de servicio paralelas á autovía A-6 entre os puntos kilométricos 497 e 500 en ambos sentidos e a comisaria da Policía Nacional.