Servizos xerais

O PP satisfeito porque o traballo realizado obrigue a rectificar ao goberno local, que vén de habilitar un horario de atención sen cita previa

By 7 Febreiro, 2023No Comments

Antonio Ameijide explica que pese a rectificación realizada por Lara Méndez, unha hora diaria de atención sen cita previa non soluciona o problema, polo que manterán a iniciativa no pleno na que se pide a eliminación da cita previa obrigatoria para ser atendido no Concello de Lugo

Trala presión exercida durante semanas e, curiosamente, un día despois de que o Grupo Municipal do Partido Popular anunciase unha iniciativa a pleno para que eliminar a cita previa obrigatoria no Concello de Lugo, Lara Méndez “tenta rectificar” e anuncia cambios no servizo pese a que esta non é unha das áreas socialistas no reparto que fixeron no seu día das áreas de goberno.

O anuncio de Lara Méndez de habilitar unha hora diaria (de 13.00 a 14.00 horas) na que os lucenses serán atendidos nas dependencias municipais sen necesidade de concertar cita previa “soa a chiste”, segundo afirmou o vicevoceiro popular Antonio Amejide.

Para os populares está por ver cal é a opinión do BNG, que recentemente anunciou que non ía eliminar este requisito pese a que onte mesmo, o deputado nacionalista Néstor Rego, esixiu en Madrid a  supresión da cita previa na Administración do Estado.

Para Ameijide esta marcha atrás da alcaldesa nun tema tan sensible como este é un novo exemplo de que o Grupo Municipal do PP “estamos a realizar unha oposición útil para a cidadanía e que busca solucionar problemas do día a día da veciñanza”. “É unha satisfacción comprobar que esta demanda veciñal non caeu en saco roto. A mágoa é que teñamos que estar a uns meses da campaña para que se dean conta”, explicou.

Por último, Antonio Ameijide afirma que no Concello de Lugo “temos un BNG totalmente sumiso, debilitado e sen criterio” tal e como se demostra con que “en Madrid esixen a eliminación da cita previa, mentres que en Lugo empéñanse en mantela”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies