O Partido Popular recrimina ao goberno local que, dúas semanas despois de iniciarse o curso escolar nestes dous centros educativos, estén sen este persoal.
O concelleiro popular Javier Vázquez explica que “é preocupante a falta de planificación do goberno bipartito de Lugo” incidindo en que “tiñan constancia dende o mes de xullo desta problemática e que non fixeron nada para solucionar situación”
Nestes dous centros están desbordados, non hai quen atenda as chamadas e o peche das instalacións polo que se sobrecarga aos equipos directivos coas funcións que corresponden aos conserxes