Transporte urbano

O PP solicita a convocatoria urxente da Mesa de Transporte para estudar a corrección dalgunhas liñas de autobuses

By 26 Maio, 2021Sin comentarios

Diante das numerosas queixas veciñais recibidas pola inminente posta en marcha da nova reestructuración do transporte urbano de Lugo

O Partido Popular pedirá a reunión urxente da Mesa de Transporte para trasladar ao bigoberno as numerosas queixas que estes días están recibindo con respecto a posta en marcha das novas liñas de autobuses. Unha das peticións que lle van trasladar ten que ver coas liñas que dan servizo aos veciños das parroquias de San Andrés de Castro, San Xoán de Pena, Santa Comba, Recimil, San Mamede dos Anxos e Nadela.

“Queremos,  o antes posible trasladar as peticións dos veciños á área de mobilidade co obxecto de corrixir ou mellorar o novo deseño do transporte público de Lugo”, explicaba o vicevoceiro popular Antonio Ameijide tralo encontro que tivo lugar onte con medio cento de veciños afectados.

Os populares trasladarán estas reclamacións ao bigoberno que reumen en tres puntos que se comprometeu a

  • Intentar que algunha das liñas que da servizo a esta zona de Conturiz achegue aos veciños ao Centro Médico de Fingoi ou o entorno (zona Fonte do Rei)
  • Dar unha solución para aqueles estudiantes de BAC que van aos institutos de Ramón Ferreiro e que agora quedaron sen servizo.
  • Outra demanda ten que ver coa liña que vai a Nadela e que se prolongou ata Santa Comba. Agora ao aumentar o traxecto diminuiu o tempo que deixa aos veciños en Lugo para facer xestións, polo que se deberían espaciar os horarios para que permitan aos veciños ir á cidade a facer as súas xestións e volver en transporte urbano

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies