O vicevoceiro popular asegura que é posible permitir o tránsito de vehículos, algo para o que o único que se necesita é unha planificación adecuada para evitar o peche deste acceso nunha das entradas principais ao casco histórico e á zona de estacionamento de autocaravanas
O Partido Popular critica a falta de previsión do bigoberno nos cortes de tráfico de dous dos principais accesos ao centro histórico e á zona sur da cidade dende a Nacional VI.
Ameijide Ameijide reflexionaba se ben “as molestias por unhas obras tan necesarias e demandas como a rotonda da Nacional VI son as normais, non é de recibo que de forma paralela se faga outro corte de tráfico xusto na seguinte entrada á cidade por Volta da Viña cando se podía manter perfectamente o paso de vehículos”.
A xuizo do vicevoceiro popular este tramo, hoxe cortado á altura da confluencia da Ronda do Carme con Rúa Santiago e República Arxentina ata o enlace da N-VI no desvío cara a Portomarín/Centro cidade, podería estar aberto con señalistas e semáforos que facilitasen o paso do tráfico rodado.
Para o vicevoceiro popular “resulta indignante que non haxa indicacións suficientes, nin traxectos alternativos en ambos cortes o que provoca un caos circulatorio e obriga á veciñanza e turistas a dar voltas e voltas ata atopar outra entrada ao casco histórico e á zona de estacionamento de autocarvanas”.
Neste momento para entrar a Lugo dende a Nacional VI só se pode utilizar a entrada da Avenida de Madrid e os enlaces á Avenida das Américas ou Garabolos.