InfraestruturasObras

O PP solicita que se elimine o tapón urbanístico da rúa Fisterra para completar a súa beirarrúa

By 27 Xaneiro, 2016Febreiro 4th, 2016No Comments

O voceiro popular Jaime Castiñeira propón que sexa a Xunta, titular da vía, a que asuma os custes da supresión deste obstáculo instando ao goberno local “a facer un convenio con ela para solucionar os actuais problemas de seguridade vial”

O Grupo Municipal do Partido Popular presenta a este pleno catro iniciativas relacionadas coa mellora de infraestructuras así como a petición de comparecencia do edil de persoal para que dé explicacións sobre contratación de persoal no Concello

A última proposición que presentaron os populares ten como obxecto  eliminar o tapón urbanístico da rúa Fisterra. Este obstáculo está situado á altura do vello edificio da antiga marmolera que había na zona e cuxo edificio provoca un estrangulamento da vía xerando problemas de seguridade tanto para os peóns coma para os conductores.

O voceiro do Partido Popular Jaime Castiñeira indicou que solucionar este atranco non suporá ningún custe para o concello xa que se trata dunha estrada interurbana propiedade da Xunta. Nese senso, os populares solicitan que “se solicite un convenio coa administración autonómica para que a Xunta asuma os custes derivados da supresión deste tapón así como do acondicionamento da vía no treito onde se actúe”. Castiñeira subliña que, unha vez realizada esta intervención, o Concello debería asumir a súa titulariedade.

O tramo, de máis dun quilómetro, comprende a rúa Monte Faro e a totalidade da rúa Fisterra. Este treito, ainda que teñen un tratamento de vía urbana,  é de titulariedade da Xunta de Galicia xa que corresponde ao o antigo trazado da LU- 114.

Castiñeira avanzou que presentará nunha Comisión do Parlamento unha iniciativa similar á que mañá se debate no pleno “para axilizar as xestións oportunas para que o convenio entre ambas administracións se materialice o máis axiña posible”.

Os populares aproveitaron esta comparecencia para reclamar que nos orzamentos municipais se contemple unha partida para eliminar outros tapóns similares “que xeran inseguridade e provocan molestias aos veciños que transitan polas rúas que estreitan parcialmente como consecuencia de vellos edificios ou solares”.

O voceiro popular, de feito, recriminou que os socialistas perdesen a oportunidade de suprimir tapóns históricos como o da rúa Rof Codina ou mesmo outros recentes como o que hai na rúa Ramos Misioné ou Noriega Varela. Castiñeira indicou que “se arranxaron estas rúas pero fixo unha intervención en falso” referíndose a que non se levou a cabo nin unha soa acción para suprimir os estrangulamentos que sufren ambas rúas.”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies