- O vicevoceiro popular Enrique Rozas explica que “ata a data na que se adxudique esta prestación se busque unha solución parecida á que se fixo esta semana co resto de dependencias municipais onde, dende onte, volven a estar os gardas privados controlando os accesos”
XOVES 9 DE MAIO DE 2024
- Os populares insisten en que se debe garantir unha vixilancia profesional no Vello Cárcere pedíndolle a Alvarellos que renuncie a facer con medios propios este traballo
- Rozas: “Estamos falando dun lugar que alberga restos arqueolóxicos de gran valor, zona expositiva, biblioteca, obradoiros …” salientando “que prescindir e substituír aos profesionais de seguridade por conserxes ou auxiliares suporía unha violación da Lei e acarrería cuantiosas multas”
- O Partido Popular insta ao goberno local a adoptar medidas análogas as que se veñen de impulsar no resto dos edificios administrativos para garantir a seguridade privada no Vello Cárcere e evitar que, a partir do mes de xuño, se quede sen o persoal profesional que prestaba este servizo.
- Os populares reiteran esta petición logo de que o pasado día 6 de maio a alcaldesa asinase un decreto para dar continuidade á vixilancia privada dos edificios municipais. De feito Alvarellos asinou un contrato menor por 16 semanas para non deixar as dotacións municipais sen os gardas de seguridade que controlan o acceso en diferentes dependencias.
- Rozas advirte ao goberno local que se ten a intención de facer con medios propios, no Vello Cárcere, esta tarefa podería violar a Ley de Seguridade Privada de 2014 (Art 5 e Art 7- ANEXO) que exclúe que se poida facer dito labor con persoal propio do concello, e que acarrearía sancións económicas graves que poderían chegar aos 600.000€
- De tomar esta decisión o goberno local estaría “ignorando os riscos asociados á falta de seguridade profesional nun lugar que alberga obxectos de valor e que require dunha protección adecuada e experta xa que hai un sistema de cámaras interior e exterior e ten que haber un responsable da custodia das imaxes”