Zona rural

O PP solicita un lavado de cara dos lavadoiros públicos inventariados

By 8 Agosto, 2016Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López afirma que “boa parte dos 68 lavadoiros que hai municipio están en ruínas ou abandonados polo que solicita un plan de mantemento plurianual para súa posta en valor e conservación”

O concelleiro do Grupo Popular Manuel López propón ao goberno local que leve a cabo un plan plurianual para conservar e poñer en valor os lavadoiros públicos do que hai no concello. O edil puntualizou que “no inventario municipal contabilízanse 68 construccións das cales sete están catalogadas como elementos protexidos no Plan Xeral”. Para os populares é necesario que os socialistas adopten unha decisión sobre o futuro destas construcións xa que “a práctica totalidade dos que figuran nesta listaxe ou ben desapareceron ou están en ruínas, abandonados ou cubertos de maleza”.

Un dos casos máis chamativos é o de Pedreda “oculto por completo pola maleza” e que se trata dunha construción  catalogada e, por tanto, protexida . Os lavadoiros de Vilanova ou San Pedro de Mera son outros casos de construcións deste tipo que caeron no olvido e no máis absoluto abandono. Os populares tamén destacaron que outros lavadoiros que desaparecen co paso do tempo (lavadoiro do Miño no barrio da Ponte ou o de Bacurín).

Manuel López manifestou que, logo de facer unha radiografía da situación na que se atopan estas edificacións, e que “mentres non se defina a estratexia de traballo para dignificar estas construcións, se adecenten cunha mínima limpeza”. López tamén reclamou que se actulice o inventario xa que algunhas das construcións inventariadas non existen ou viceversa, algunhas que non figuran na listaxe sí existen”.

O popular advirte que “é un sin sentido que deixemos que acaben nunha ruína estas construcións protexidas, e que logo o montón de pedras no que acaben segan condicionando as actuacións que fagan os veciños do entorno”.

O edil do Grupo Popular cre que a recuperación destas pezas axudará a embelecer os núcleos rurais do municipio. O popular explicou que “unha vez restaurados, limpos e con auga se podería estudar a posibilidade de aproveitar estes tesouros etnográficos para fins turísticos incorporandoos a  rutas de sendeirismo”.

Manuel López abondou na importancia destas construcións que “ademáis de formar parte da paisaxe e do patrimonio das aldeas galegas son unha mostra da arquitectura tradicional”. O popular explicou que “a conservación dos lavadoiros, que se estimen oportunos, permitirá amosar como era a vida no rural de hai anos” lembrando como “os pilóns tiñan utilidade pública e tamén eran un punto de reunión e encontro”. “É unha tarefa de todos conservar este tipo de construcións para que a vindeiras xeracións podan comprender a forma de vida dos seus antergos” concluiu López.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies