#Facendocidade#LugoaExameTransparencia

O PP solicita unha reunión coa Valedora do Pobo para que medie ante os reiterados casos de falta de transparencia

By 25 Novembro, 2024Sin comentarios
  • Máis do 50% das solicitudes de documentación que pedimos non se atenderon no prazo de cinco días ao que lles obriga a normativa e, incluso nalgún caso ata se tiveron que reiterar en catro ocasións.
  • O Grupo Municipal Popular anunciou hoxe que pedirá unha reunión coa Valedora do Pobo para abordar a preocupante falta de transparencia no Concello de Lugo.

 

  • Mar Carballas afirmou que “un goberno responsable debe render contas, facilitar o diálogo e actuar con rigor. Lugo merece unha xestión seria e transparente “

 

  • A popular reflexionaba sobre as trabas que ten o Partido Popular á hora de acceder a expedientes e explicou “as reiteracións continuas de peticións de documentación; os incumprimentos na publicación de contratos menores ou a negativa a compartir información de asuntos moi importantes para o desenvolvemento da cidade”

 

  • Este é o patrón que sigue o PSOE e o BNG indicando que este bigoberno “parece que estar máis pendentes de saber o que facemos e de impedirnos acceder á documentación que de facer o seu traballo”.

 

  • Das 96 solicitudes de petición de información rexistradas dende setembro ata a actualidade, 50 delas non se atenderon en prazo o que supón que nunha porcentaxe de 52,08% non se facilita a documentación nos 5 días de prazo que teñen por normativa (ROMP – REgulamento órganico municipal 

Incumprimentos na publicación de contratos menores

  • Desde o mes de marzo, o goberno local non publica os contratos menores no portal municipal, incumprindo a obrigación de facelo trimestralmente segundo a normativa vixente. Esta opacidade dificulta o control público e incrementa as sospeitas sobre o uso abusivo destes contratos para xestións que deberían resolverse mediante outros procedementos máis transparentes.

Dificultades para analizar documentos:.

  • Contas do San Froilán 2023: Solicitadas ata cinco veces sen éxito, situación que levou ao grupo popular a abandonar a Comisión de Festas e pedir o amparo da Valedora
  • Estudo das Zonas de Baixa Emisións: Encargado en 2022 por valor de 47.795 €, este informe segue sen facerse público. “É imprescindible coñecer este documento para evitar improvisacións e avanzar en solucións consensuadas para a mobilidade no recinto amurallado”, explicaron.
  • Ordenanza definitiva de terrazas: O goberno local non compartiu o borrador final deste documento coa oposición, dificultando o debate necesario para chegar a acordos.
  • Acordo co Ministerio de Defensa polos terreos na contorna do campo de fútbol das Gándaras: Recentemente, negouse o acceso ao acordo co subdelegado de defensa anunciado polo concelleiro no pleno, remitindo á oposición directamente ao Ministerio, nun claro exemplo de falta de colaboración.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies