Seguridade

O PP solicita unha xunta local de seguridade extraordinaria e impulsar a ordenanza de convivencia

By 26 Setembro, 2023No Comments
  • Dende o PP consideramos que “o foro adecuado para abordar esta cuestión así como a aprobación dunha ordenanza de convivencia debe ser unha Xunta Local Extraordinaria de Seguridade” matizando que “nós lle tendemos a man á alcaldía para consensuar estas propostas uníndos así ás reivindicacións das diferentes plataformas veciñais”

 

  • O vicevoceiro popular Enrique Rozas asegura que “a prevención é a mellor política que podemos aplicar no eido da seguridade” manifestando que “seguimos defendendo a instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio, ademais da necesidade de poñer en marcha as cámaras que hai xa no polígono do Ceao e estendelas a outras zonas industriais do Concello de Lugo”

 

  • Os populares lembran que a ordenanza de civismo ou convivencia tamén frearía a actividade dos gorrillas, dotando á policía local de ferramentas legais para evitar as extorsións no aparcamento do Hula, onde tamén é preciso colocar cámaras de videovixilancia.

 

 

  • Enrique Rozas rematou asegurando que non comparte a postura do bipartito cando manifesta que “os problemas de orde pública son xeralizados” insistindo en que “nos non imos dar a batalla por perdida xa que hai ferramentas para previr este tipo de conductas incívicas”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies