O PP pregúntalle a Méndez como é posible que planteen un seguro antiokupas para as propiedades municipais cando din “por activa e por pasiva” que “este non é un problema que en Lugo teñamos neste momento”. Para o vicevoceiro popular “é unha incongruencia que paguen por esta cobertura para desaloxar okupas” cando o PSOE e o BNG se opuxeron a crear unha oficina de asesoramento e apoio aos propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares “xustificandoo con que Lugo era unha cidade na que non existía esta problemática”. Nos somos perfectamente conscientes do problema dos Okupas en Lugo e entendemos necesario adoptar todas as medidas posibles contra a okupación ilegal de vivendas e ter as máximas garantías ante estos feitos, pero resulta chamativo que a alcaldesa e o vicealcalde, tras anos negando a evidencia e negándose a axudar aos lucenses aos que lles Okupan as súas propiedades, agora contratan un seguro para o desaloxo de okupas en propiedades municipais.
Os populares lembran que o seu Grupo defende que a Administración Local debería por en marcha este mecanismos para apoiar e asesorar ás persoas afectadas, para que poidan recuperar as súas vivendas no menor tempo posible, especialmente nos casos de familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar os gastos que supón iniciar un procedemento de desaloxo destas características. De igual forma, é preciso analizar desde os servizos sociais do Concello a situación na que se atopan as persoas que por diferentes motivos actúan á marxe da Lei ocupando vivendas, que chegan inclusive a condicionar a súa saída, a que os propietarios lles abonen importantes cantidades de diñeiro, o que supón unha extorsión intolerable nun Estado de Dereito.
Os populares fixeron esta análise do prego de condicións ao cal se poden presentar ofertas ata o vindeiro catro de agosto. Tal e como figura nos pliegos o continente patrimonio do concello de Lugo ascende a 273.317.812,33 € e o contido que se precisa asegurar ronda os 44.170.200 €.
Ao vicevoceiro popular tamén lle chama a atención que na listaxe de edificios que se incorpora neste pliego non figure explicitamente o novo auditorio de Magoi a pesar de que é o edificio con máis valor que teñen os lucenses superando os 20 M€. No ranking dos cinco primeiros postos de propiedades máis valiosas están tamén o Parque da Milagrosa, o CEI Nodus e o Vello Cárcere “todas elas incluídas na relación que figura neste documento administrativo”. Antonio Ameijide reflexionaba que “resulta pouco serio que non figure con nome e apelido esta dotación cultural” polo que xa avanzou que preguntarán en Comisión “en que situación está neste momento esta infraestructura que leva máis dun ano en mans da alcaldesa socialista e o vicealcalde nacionalista e, tamén, pedirán aclaracións para certificar que pese a que non figure nesta listaxe si se englobe dentro do patrimonio a asegurar”. Trala lectura dos pliegos administrativos e técnicos, quedan dúbidas de que o seguro poida cubrir un edificio que custou preto de 25 millóns de euros é que non figura na listaxe de edificacións protexidas polo seguro.
Tampouco se incorporan outros edificios como o da fábrica de luz, o centro de convivencia do Sagrado Corazón ou o parque eólico de enerxías alternativas do CEAO.
Outras incongruencias do prego que certifica que é “un corta pega doutro documento o que demostra que a concelleira responsable nin o leeu, é o feito de que aseguren a explotación de escombreiras (que o concello non ten), os danos derivados do guindastre (que debería cubrir o seguro da concesionaria), ou dar cobertur á estación de autobuses (que é propiedade de outra administración)” ironizando con que mesmo chegan a excluir “responsabilizar ao concello dos defectos que poidan ter as pezas de aviones fabricadas aquí ou de filiales do concello de Lugo que estén fóra de España, á verdade é que descoñecemos se este epígrafe desvela a intención de Arroxo ou Méndez de abrir algúnha embaixada fora de España”.