Beatriz Vázquez sinala que a proposta do PP “é en positivo” e unicamente quere “aproveitar todas as posibilidades de que a actividade cultural sexa difundida e coñecida a tempo polos cidadáns, para que poidan ser parte dela e aproveitar todos os seus beneficios”
A cultura en Lugo seguirá a estar dispersa e allea a lucenses e turistas tras negarse hoxe o goberno local a impulsar unha ‘axenda cultural de Lugo’ na que se recolla toda a programación cultural do municipio, tanto pública como privada.
Beatriz Vázquez lamenta que tanto PSOE como BNG confórmense con colaborar con entidades privadas e editar “de cando en vez” algún boletín con información de actuacións en lugar de “aproveitar todas as posibilidades de que a actividade cultural sexa difundida e coñecida a tempo polos cidadáns, para que poidan ser parte dela e aproveitar todas as oportunidades”.
Dende o Grupo Municipal Popular lamentan a negativa do goberno local a impulsar esta proposta que unicamente quería dar a máxima difusión posible as actividades culturais de forma coordinada para evitar as contraprogramacións que fan entre PSOE e BNG.