ObrasUrbanismo

O PP sospeita que a instalación eléctrica da Plaza estea sen legalizar

By 27 Marzo, 2017No Comments

Para o voceiro popular Jaime Castiñeira é inxustificable que, diante desta situación, o Concello “faga a vista gorda”  lembrando que non é a primeira vez que ocurre un caso semellante en alusión aos 4 anos que estivo sen legalizar a instalación eléctrica do edificio administrativo da Ronda da Muralla

O Grupo Popular sospeita que a instalación eléctrica do edificio da Plaza de Abastos podería ser ilegal. O voceiro popular Jaime Castiñeira fixo estas declaracións logo de que na Comisión Especial de Contas o goberno local “fose incapaz de responder ás preguntas sobre a situación da instalación eléctrica deste edificio, ainda en obras, malia que a estas alturas tería que  estar xa reformada na súa totalidade.

Neste momento “a planta baixa da Praza de Abastos está desmantelada con cables e contadores á vista, nunha situación de abandono dende o ano 2015” matizou Castiñeira. O voceiro dos populares considera “unha tomadura de pelo” a xustificación do goberno local sobre os motivos polos que está parada esta obra xa que continúan insistindo en que “non teñen persoal, dende hai dous anos, para informar o proxecto técnico desta instalación”. Castiñeira criticou con dureza que utilicen esta excusa sobre todo tendo en conta que foron os socialistas os que “deliberadamente” desmantelaron o servicio electromecánico.

“Dende hai máis dun ano que no Concello de Lugo non hai un técnico que asuma este traballo xa que o falecemento dun deles e a xubilación posterior doutro deixou sen efectivos ao servizo. Neste momento está en fase de oposición a cobertura desta praza o que na práctica significa  “que non hai data para dispor de persoal cualificado para informar este tipo de proxectos”. “A falta de previsión e a parálise deste goberno ten consecuencias tan graves como a que estamos a vivir con esta reforma” concluiu Castiñeira.

O voceiro dos populares manifestou que “esta non é a primeira vez que o Grupo Popular denuncia unha ilegalidade similar”. Jaime Castiñeira explicou que, en maio de 2014, denunciamos que “a reforma que se fixo no edificio administrativo da Ronda da Muralla tivo, durante 4 anos,  a instalación eléctrica ilegal”. De feito como se incorporaron novos elementos que precisaban dunha maior potencia, como, entre outros, a cortina de aire do acceso principal ou o elevador se estaba penalizando ao Concello por consumir máis potencia que a que tiña contratada” lembrou o popular.

Urban

O Grupo Popular presentou o pasado día 10 de marzo un escrito solicitando que se detallase de fora pormenorizada o custe total das diferentes obras financiadas dentro do programa do Urban. Castiñeira criticou que “na Comisión Especial de Contas non fosen capaces de concretar importes”

 

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies