Economía

O PP sospeita que os orzamentos do Concello están teledirixidos dende a Deputación

By 19 Xaneiro, 2016Xaneiro 20th, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira lamenta que o goberno local siga retrasando a presentación dos orzamentos e censura “a súa falta de respeto ao ocultar a información ao Partido Popular mentres que, se facilitan os datos a outros grupos da oposición ”

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira denunciou que o goberno socialista oculta a información  dos orzamentos municipais calificando esta actitude “de especialmente grave xa que dificulta o noso traballo de fiscalización”. “Queremos facer un traballo en positivo pero semella que ao equipo de goberno non lle interesa contar con nós e nos discrimina abertamente” puntualizou Castiñeira.  “Si esta é a súa forma de chegar acordos por mal camiño imos” matizó.

Dende o Partido Popular tamén amosaron a súa sorpresa porque se confirma que, tampouco, no próximo pleno, do 28 de xaneiro, se levará a pleno a aprobación dos orzamentos municipais. O voceiro dos populares afirma que o goberno local “non é o que lidera este traballo” sospeitando que “está teledirixido dende a Deputación e que responde a intereses partidistas”. Castiñeira pregúntase “quen é a man que mece a cuna xa que, todo apunta a que a alcaldesa só está nela”.

O popular tamén reflexionou que, polo que trascendeu en prensa, os orzamentos para 2016 empeorarán os de Orozco “xa que todo apunta que se vai disparar o gasto corrente e que se reducirá o investimento”. Para visualizar a ridiculez da futura inversión o voceiro popular matizou que “será menor que a que deixou o seu antecesor onde as únicas obras que se deixaron orzamentadas foron as que se fixaron no acordo cos remanentes de tesourería dos anos 2012-2013”.

O voceiro popular tamén ironizou a costa dos “novidosos proxectos”, que segundo trascendeu inclúen os orzamentos, como é proposta de iluminar o Carqueixo. “Echémonos a temblar si este é o seu gran proxecto cando levamos anos traballando co obxecto de eliminar o chabolismo parece que, como non poden erradicar as súas chabolas, optan por investir na zona” subliñou Castiñeira.

Os populares insisten en que a elaboración deste documento contable debería ser unha prioridade manifestando que “a falta de avances e de concreción suman novos motivos que poñen en evidencia a incapacidade de gobernar do actual equipo socialista”.

No tocante á reunión celebrada esta mañá, para ir avanzando nas Ordenanzas de 2016,  os populares pediron ao goberno local que  axilice a redacción e a revisión, entre outras, das ordenanzas do sistema ORA, a Ordenanza de ruídos, a de Publicidade e a de Convivencia e Policía”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies