Economía

O PP sospeita “que se está dando información privilexiada para acceder ás prazas do Plan de emprego municipal

By 16 Xuño, 2016Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira “en aras a salvagardar a igualdade de oportunidades dos parados lucenses, así como a imaxe do Concello de Lugo” preguntará en comisión como se está xestionando este programa, en que fase está e cando e como se fará a selección para cubrir os postos que se oferten

O voceiro do Gmpp agarda que o futuro plan de emprego municipal, para o que está consignada unha partida de 1,1M€ para este 2016, non repita o esquema do Ben Empregado da Diputación.

O popular fixo esta reflexión tras coñecer que “se podería estar proporcionando información privilexiada  para que persoas afíns ao PSOE e aos seus socios no Concello accedan ás prazas que se van sacar coincidindo con este programa”. O voceiro do PP explicou que “ao parecer se están dando instruccións a algúns amigos do goberno local  para que cando se apunten na oficina de emprego o fagan cuns códigos específicos que corresponden coas prazas que se ofertarán no plan de emprego”.

Para Castiñeira este tipo de prácticas “son un fraude para os veciños” e fomentan “que haxa parados de primeira e parados de segunda”. O popular agarda que “en aras á transparencia” se dean canto antes explicacións de cómo se está xestionando este programa de emprego municipal e “deste xeito  salvagardar a igualdade de oportunidades para os parados lucenses así como a da imaxe da institución municipal”.

Jaime Castiñeira anunciou que “para clarificar si se favorece o acceso a estas plazas a cambio de obter réditos electorais” presentará unha batería de preguntas en Comisión. Entre outros aspectos os populares queren saber os prazos que se barallan para a posta en funcionamento do plan de emprego,  número de prazas que se van a ofertar, como e quen vai a realizar a criba das vacantes e información sobre as bases que rexirá a citada oferta de emprego municipal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies