Urbanismo

O PP tacha de irresponsable ao goberno local polo retraso na publicación das bases para tramitar as axudas de rehabilitación no casco histórico

By 8 Maio, 2024No Comments

MÉRCORES 8 DE MAIO DE 2024

 

  • O concelleiro Ramón Cabarcos explicou que “no pleno do 1 de abril, Jorge Bustos, afirmou que Evislusa tiña o documento listo para pasar a aprobación da Xunta de Goberno pero, pasou máis dun mes, e seguimos no mesmo punto”
  • Os populares recriminan “a lentitude na elaboración das bases reguladoras para tramitar as axudas á rehabilitación do casco histórico” aclarando que “esta demora suporá trasladar ao cidadán a presión de cumprir os prazos para entregar os proxectos que deben estar presentados o 31 de decembro”
  • Ramón Carbarcos insiste na urxencia de que se faga este traballo con máxima premura para non perder o MILLÓN DE EUROS dos fondos europeos deste programa e recrimina “a insensatez” de socialistas e nacionalistas nesta cuestión recordando como, en  febreiro, durante o pleno chegou a dicir que “a urxencia (deste asunto ) agora mesmo non é ningunha”
  • No propio informe de xestión de Evislusa se recolle que “a finais de 2023 se inicia a redacción da proposta de bases reguladoras para Rehabilitación do casco histórico” pero “vemos que pasan os meses e que a estas alturas, non hai nin convocatoria, nin bases que regulen as intervencións para rehabilitar vivendas no recinto amurallado”
  • Hai que ter en conta que o remate do prazo para a adxudicación dos proxectos é o 31 de decembro de 2024, e que en xuño de 2026 conclúe o prazo para finalización das obras de rehabiltación

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies