O GarañónUrbanismo

O PP teme o “seguidismo” da alcaldesa do urbanismo á carta dos seus antecesores

By 14 Marzo, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular criticou que a alcaldesa tardase 20 meses en convocar a Comisión non permanente do Garañón lamentando que “só a base de presión Lara Méndez decidiuse, por fin, reunir mañá este órgano que o PP solicitou, ata en dúas ocasións, en proposicións de pleno (xullo de 2015, xaneiro 2017)”.

 “Confiemos en que agora  teña unha intención real de liderar e defender os intereses dos lucenses” matizando que no pleno de finais de mes tamén terá que comparecer o concelleiro de urbanismo para explicar os pasos que se están a dar con respecto ao Garañón.

 Castiñeira teme que a alcaldesa non teña a valentía suficiente para rachar co modelo do urbanismo á carta dos seus predecesores criticando, que logo das últimas sentenzas sobre o Garañón, Lara Méndez que “prefira negociar, primeiro, co promotor en vez de buscar unha solución dende o concello que defenda os intereses dos lucenses en vez dos do particular”. Castiñeira tamén amosou a súa sorpresa pola manifestación de Lara Méndez que cualificaba de “traballo minucioso” o realizado por Orozco e Besteiro “cando a realidade é que as tres sentencias dos últimos meses supoñen un varapao para a súa política urbanística”.

O voceiro do Grupo Popular afirma que, coas últimas sentenzas xudiciais sobre o Garañón, o goberno local ten unha oportunidade de ouro para tirar as torres do Garañón e librarse da indemnización e solucionar a desfeita urbanística que só xerou o PSOE co convenio que fixo co promotor para a CS-5.

Dende o Partido Popular “dende agosto do ano 2005 levamos denunciado a pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas costas do parque a conta do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro”. O problema non era o Plan Xeral senon quen o xestionou xa que o volumen o distribuiu do xeito máis lesivo para os veciños “colocou unhas torres de 9 plantas que podía ter deseñado de forma escalonada e na parte baixa da finca”. “Estaban máis que advertidos do impacto e do frontón que ían construir neste punto”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies