Cultura

O PP teme que o PSOE desistise das axudas europeas para o Cuartel de San Fernando para seguir facendo actos contra a Xunta

By 15 Novembro, 2024Sin comentarios

O Partido Popular recrimina ao PSOE a posta en escena desta mañá para reinvindicar a rehabilitación do cuartel de San Fernando reclamando fondos á Xunta cando foi o goberno local quen desistiu de acadar estas axudas da Unión Europea
A Xunta mantén o seu compromiso de poñer o diñeiro “sempre e cando o concello consolide o plan previsto e consega o financiamento necesario”.
Hai que lembrar como en 2022 acadouse un consenso de que a administración autonómica colaboraría no Plan Director e na musealización, quedando á espera da cantidade final que se obtería de fondos europeos
A realidade é que o goberno local é quen incumpre o pactado coa Xunta “desistindo expresamente de su solicitud unha vez presentada tal e como recoñeceu no pleno ordinario de outubro a edil Ana Abelleira a preguntas do Grupo Municipal” .
Os populares tamén aproveitaron para pedir a Lara Méndez algo de autocrítica xa que cando foi alcaldesa renunciou aos fondos do cuartel de San Fernando cando houbera sido moito máis útil xestionar este financiamento para o recuperar o cuartel que conseguir fondos para infraestruturas como as Caldas, carril bici , e o Edificio Impulso Verde que so lles serven para a súa propaganda.
* Por último reprochan que o PSOE reclame á Xunta que se faga cargo dun edificio municipal, tras dúas décadas de inacción de gobernos socialistas e nacionalistas, esgrimindo a responsabilidade autonómica sobre o patrimonio, cando é unha obriga da que por lei ten que responsabilizarse o propietario do inmoble, é decir, o Concello.

CRONOLOXÍA CUARTEL DE SAN FERNANDO
* Nos anos 90 o alcalde popular PP Joaquín García Díez logra conveniar co Ministerio de Defensa a cesión do cuartel para o novo auditorio de Lugo.
* Os bipartitos de Concello e Xunta (PSOE e BNG) paralizaron o proxecto e logo o descartan e cambian por un Museo da Romanización desentendéndose do novo auditorio, que finalmente levou a cabo a Xunta ainda que segue pechado a día de hoxe pola nula xestión municipais
* O 3 de marzo de 2020 a anterior alcaldesa, Lara Méndez, comprometeuse a facer o Museo da Romanización “sí o sí” incluso con fondos propios. Catro anos despois o único cambio é que fuxiu do seu compromiso dimitindo do seu cargo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies