Infraestruturas

O PP trasladará ao pleno as protestas veciñais do carrilbici e esixirá a Méndez e Arroxo unha solución

By 10 Xuño, 2021Sin comentarios

Ante a crecente presión veciñal polos carris bici e dado que o goberno local afirmou que estudará todas as peticións que lle fagan chegar os veciños o PP propón “aprazar as obras desta infraestructura ata que se ofrezan alternativas de aparcamento á veciñanza afectada e un deseño seguro desta infraestructura para garantir a convivencia entre condutores, ciclistas e peóns”

O PP tómalle a palabra ao goberno local e “dado que hoxe afirma que estudará todas as peticións que lle fagan chegar os veciños relativas ao carrilbici” anuncia que presentará unha iniciativa ao pleno na que “pedimos a Méndez e Arroxo que paralicen as obras ata que se ofrezan alternativas para o aparcamento de vehículos á veciñanza do entorno e se busquen solucións”.

O voceiro do Grupo Popular explicou que “se ben a posta en marcha dun carrilbici é a priori unha acción positiva, ata aquí todos estamos dacordo pero, ás veces, obras ou iniciativas que poderían supor unha mellora na calidade de vida dos veciños tórcense e convérterse nun problema”.

O noso grupo “co ánimo de presentar propostas que sirvan para corrixir defectos ou erros das iniciativas que o bigoberno vén de pór en marcha” elevará este iniciativa para debatir no vindeiro pleno co obxectivo “de buscar un consenso e de dar resposta á crecente presión veciñal que nas últimas semanas activouse con varias recollidas de sinaturas simultáneas en contra do deseño dos carrís bici no barrio da Residencia, en  Marqués de Ombreiro e na Ronda do Carme”.

Por útlimo o popular chámalle á atención que os socialistas comparen esta infraestructura coa peonalización que fixo o PP no casco histórico “utilizan a demagoxia para minimizar a presión veciñal que está anoxada polas formas, o deseño e a falta dun consenso para executar este carril bici”. O Grupo Popular lamenta a actitude á defensiva coa que traballa a diario o equipo de goberno que “é incapaz de facer autocrítica e de ter un mínimo de empatía cos centos de veciños afectados por esta nova infraestructura”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies