Urbanismo

O PP urxe á alcaldesa a poñer todos os medios para corrixir e cumprir a documentación do Plan Xeral e axilizar a súa aprobación

By 24 Outubro, 2023Sin comentarios
  • O PP solicita á alcaldesa que convoque de forma inmediata unha xuntanza  coa empresa redactora do Plan Xeral, e  un encontro coa  CHMS que depende do goberno central do PSOE xa que “o tempo apremia para inscribir o documento no Rexistro, e que ten uns prazos que cumprir”

 

  • “É preciso coñecer de primeira man as incorrecións que imposibilitan a aprobación por parte da CHMS, é fundamental avanzar neste eido para reducir os tempos e aforrar recursos tan necesarios para outras actuacións e esto require diálogo e iniciativa política dun goberno local novamente sobrepasado pola realidade”.

 

  • O concelleiro popular Antonio Ameijide aclaraba que “nos consta, porque así o fixo público onte a Xunta, a boa vontade da administración autonómica para desbloquear este documento”

 

5 ANOS E SE REPITEN OS MESMOS ERROS

 

  • O informe que no ano 2019 emitiu a Confederación Hidrográfica do Miño Sil recolle practicamente o mesmo que o que dictaminou agora, cinco anos despois,  volvendo a reclamar ao goberno local  que solvente os erros da documentación do Plan xeral “nin se fixo un refundido para poder traballar sobre el, nin se corrixiron os erros o que podería conlevar unha inseguridade xurídica”

 

  • Por outra parte, hai que lembrar que a Xunta no informe previo á aprobación do ano 2020 explica claramente o que ten que facer o concello de Lugo e, expresamente, menciona que se deben solventar as correccións que ordenaba a CHMS en 2019.

 

  • Finalmente “por responsabilidade e confianza” votamos a favor do 5% do Plan Xeral á vista de que o BNG se puxo de perfil sen dar solucións a un asunto que é vital para o desenvolvemento económico do municipio

 

  • Agora, CINCO ANOS DESPOIS DO INFORME DA CHMS DO ANO 2019, no momento que se procede a inscribir no Rexistro o 5% do PXOM , en aras a seguridade xurídica, a Xunta pregunta á CHMS si da por cumplido o citado informe e a Confederación reitera o que dixo no ano 2019: seguen sen solventar as mesmas cuestións.

 

  • “Nin fixeron as correcións do Plan Xeral cando procedía, nin semellan ter interese en impulsalo agora. A situación que vivimos é consecuencia da falta de traballo e da improvisación do PSOE e o do desinterese do BNG sobre un asunto que nin figuraba no pacto de goberno”

 

PRIORIZAR NA AXENDA DO GOBERNO

 

  • O PP lamenta que unha cuestión que debía ser prioritaria para o goberno local quede relegada a un segundo plano lembrando que o grupo municipal propuxo, o pasado 17, unha reunión urxente entre goberno local e CHMS para analizar e solucionar as deficiencias detectadas na documentación e tamén pedimos, o día 21, unha xunta de voceiros para abordar esta cuestión sen ter ningún retorno.

 

  • Sorprende que para a alcaldesa de Lugo este non sexa un asunto destacado na súa axenda a pesar das consecuencias económicas e de indefensión e inseguridade xurídica que ten para a veciñanza que queira emprender un proxecto de vida ou un negocio na zona afectada e que, tal e como está o documento sen aprobar, non pode conseguir unha licenza de obra

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies