TráficoUrbanismo

O PP urxe a Arroxo a tomar unha decisión co carril cortado na Ronda que se converteu nun aparcadoiro incontrolado 

By 20 Novembro, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que o carril cortado entre a Porta Santiago e a Rúa Vilalba está a xerar numerosas queixas entre os lucenses xa que se trata dunha zona na que xa se producían atascos, embotellamentos que se manteñen e cunha duración maior xa que só hai un carril para dar saída a un gran volume de vehículos

O caos de tráfico que se está a xerar na Ronda da Muralla, concretamente dende o Fogar de Santa María ata a Ramón Ferreiro, comeza a ser unha tónica habitual diaria que está a molestar demasiado aos lucenses, que teñen que sufrir os embotellamentos a determinadas horas do día.

Por iso, o concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide a Rubén Arroxo que se aclare dunha vez co carril que decidiu manter cortado na Ronda da Muralla, entre a Porta Santiago e a Rúa Vilalba, un treito que habitualmente xa tiña unha gran densidade de circulación, xa que se trata da principal vía de acceso a varios centros educativos da capital lucense.

O vicevoceiro popular recorda que cando Arroxo decidiu manter este treito cortado ao tráfico, xa que “insistimos” en que era unha mala idea, sobre todo sen contar plans de alternativas ao tráfico. “Nos estamos a totalmente a favor de que se peonalicen espazos da cidade, pero sempre defendemos que estas actuacións hai que estudialas primeiro con proxectos sobre a mesa e con plans de alternativas para o tráfico, e neste caso non vai ser menos, sobre todo por todos os problemas que está a xerar”, sinalou.

Ameijide lamenta a imaxe que se está a dar do funcionamento do Concello de Lugo, xa que o goberno local unicamente actúa mediante parches, e, sobre todo, da estampa que levan os poucos turistas que agora chegan a Lugo, que ven como un monumento Patrimonio da Humanidade está rodeado de pivotes verdes, “como se estivera en obras ou nunha autovía”.

Pode ser que este carril “pechado ao tráfico” sexa unha alternativa de Rubén Arroxo aos problemas de estacionamento no entorno do casco histórico, xa que son numerosas as queixas recibidas por parte de lucenses que non entenden que se peche un carril ao tráfico e que se permita que se empregue para estacionar coches nel. “Da igual a hora do día. Sempre se atopa algún coche aparcado nese carril pechado ao tráfico, polo que igual é un novo aparcadoiro disuasorio na cidade e esquecéronse de anuncialo”, afirmou.

Ademais, esta situación está a afectar ao funcionamento dos autobuses urbanos de Lugo, que teñen que sufrir tamén os atascos que se producen a determinadas horas do día, principalmente ás horas de entrada e saída dos centros educativos, polo que son numerosas as queixas de pais de estudiantes que critican que debido a esta situación os seus fillos están a chegar tarde á clase, polo que urxen ao goberno local a tomar unha solución para evitar que esta situación persista no tempo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies