Servizos sociais

O PP urxe á nova concelleira de igualdade a que tramite a adhesión ao Vioxén e á Rede Galega contra a Violencia

By 15 Abril, 2021Sin comentarios

O PP da á benvida a Silvia Alonso “con deberes para que Lugo non quede atrás na loita contra a violencia de xénero” e lle lembra que “o noso Concello é o único das sete grandes cidades que non está adherido ao Vioxén e que, xunto con Vigo, son as dous únicas grandes cidades de Galicia que tamén están fóra da Rede Galega”

O Partido Popular pón como deberes á nova concelleira de muller e igualdade Silvia Alonso “a tramitación urxente da adhesión á Rede Galega contra a Violencia de Xénero e ao Vioxén”.

A concelleira popular Macamen López Silva confía en que Silvia Alonso sexa “sensible” e escoite esta petición do Grupo Popular e lle recorda que “das sete grandes cidades de Galicia só Lugo e Vigo non están adheridas á Rede Galega  contra a Violencia de Xénero”. “Na nosa provincia o 63% dos municipios traballan coordinandos nesta Rede Galega” indicaba a edil do PP “sorprendida porque dende o goberno de Lugo non se preste ningún interese en sumarse a este mecanismo”.

“Algo similar ocorre co VioXén xa que “Lugo, segue a ser, a única das grandes cidades galegas que está fóra deste programa”. “Esperemos que a nova concelleira rompa co inmobilismo que houbo nestos anos con este tema”, matizaba López Silva.

Para os populares “é inexplicable que o noso concello non se sumase a estes mecanismos e que quedemos atrás á hora de mellorar a coordinación na loita contra esta lacra social”. “Estamos falando de ferramentas que deberían estar funcionando a pleno rendemento pero que, inexplicablemente, no Concello de Lugo están desaparecidos”.

A concelleira popular pídelle a Silvia Alonso que “reciba con cariño esta petición do Grupo Popular” aclarando que confiamos en que “poña empeño e esforzo para reactivar estas dúas ferramentea municipais para a loita coordinada contra a violencia de xénero”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies