Tras pedir información sobre a situación na que está a urbanización parcial desta vía, duns 200 metros que van dende Calzada das Gándaras ata a confluencia da rúa do Peto con Camiño Romai, e cuxo proxecto encomendouse a Evislusa en 2017.
A parálise deste proxecto é un claro exemplo da ineficacia e a irresponsabilidade de PSOE e BNG xa que estamos falando dunha intervención moi necesaria para garantir a seguridade tanto dos peóns como dos conductores que circulan por esta rúa que dá acceso ao colexio de As Gándaras
• Elena Candia e Ramón Cabarcos puxeron riba da mesa a documentación oficial que acredita que “gardaron nun caixón un proxecto cuxa encomenda é do ano 2017” indicando que buscaron excusas para enganar a cidadanía, unha actitude que se repite desgrazamente co bipartito de Lugo en moitas outras actuacións”
• A voceira e o vicevocerio popular demostraron, que en 8 anos, o goberno local non fixo esta intervención “por falta de vontade” xa que a disculpa de que non identifican a un propietario está documentada no informe de xestión de Evislusa do ano 2018 e se volve a reiterar no de 2020.
• Os populares detallaron toda a información que se lles facilitou sobre esta intervención. A certificación da Xunta de goberno, celebrada o 18 de xaneiro de 2017, onde se aproba unha encomenda a Evislusa para levar a cabo a redacción dun proxecto básico e de execución de urbanización parcial da rúa Virxe da Soidade “por motivos de seguridade de uso”
• Na documentación aportada tamén se indica que “segundo figura na proposta de encargo do proxecto se xustifica a necesidade desta intervención indicando que “no tramo central existente nese viario está o Colexio de As Gándaras o cal dispón de servizo de transporte escolar e na mesma rúa existen paradas de autobuses urbano. A esta situación de acumulación de vehículos de transporte escolar e urbano engádese a inexistencia de beirarrúas, o que provoca en determinados momentos situacións de certo perigo para os escolares e demais persoas que transitan por esta vía”
• A excusa de que non se identifica ao propietario xa se expón no informe de xestión de Evislusa do ano 2018 así como no informe do ano 2020 onde se indica que “se realizou unha investigación acerca da identidade dun propietario, ata agora descoñecido, dun dos predios afectados polo desenvolvemento das citadas obras de urbanización, cara a facilitar a xestión urbanística da obtención dos terros por parte do Concello”
• Para os populares esta situación recorda a outras moitas promesas do PSOE e do BNG paralizadas pola falta de vontade, lembrando nesa mesma zona o caso doPlan Paradai. Nesta intervención a excusa que poñen de que esté parada é porque non teñen identificacado ao propietario dunha finca na rúa Virxe da Soidade coa confluencia da Calzada das Gándaras.
• Ante esta situación dende o PP solicitamos que avance este proxecto e anunciamos que que pediremos que se dote cunha partida orzamentaria específica para 2025 para poder avanzar nesta obra
Unha vella reivindicación
• O Partido Popular leva anos reclamando en que se faga esta actuación nos diferentes informes que se realizan todos os anos coas peticións que nos plantexan os equipos directivos dos colexios. No caso do Colexio das Gándaras insisten en que se priorice esta actuación dado que “a falta dunha infraestrutura tan básica como son as beirarrúas expón a pais e estudiantes do Colexio a perigos diarios, unha situación que non se pode prolongar por máis tempo”.
Con relación a beirarrua da c/Virxen da Soedade están buscando o propietario da finca, pregunto pra que está o Rexistro da propiedade . Ustedes no no poden mirar. Ou ir o catastro e mirar o propietario. hay unha partida de 500000 euros pro plan Paradai pra o ano 2025 según un medio de comunicación me gustaría saber en qué se van a meter.
Que non se localice ao propietario da finca non é máis ca unha excusa, algo que dixeron para tentar xustificarse tras anos de promesas sen cumprir.
De feito, localizar a quén pertence a finca é tan sinxelo como falar cos veciños.
Sobre as obras da Xunta, o lóxico é que pregunte á Xunta: No grupo municipal do PP de Lugo adoitamos reclamar cousas á Xunta para a nosa cidade, pero non diriximos a Xunta. Sentimos non poder axudalo con iso.