Medio AmbienteSeguridadeUrbanismo

O PP urxe a reparación dos esvaramentos de terra nos camiños que se inauguraron hai seis meses no barrio do Carme

By 15 Marzo, 2022Sin comentarios

Os populares, ademais de mellorar o mantemento destes camiños, reclaman a súa limpeza en profundidade para retirar as xiringas que se acumulan nalgún punto sobre todo no tramo que comunica a rúa Santiago coa Igrexa do Carme e que utilizan como atallo moitos pais e alumnos dun centro educativo da contorna

O Partido Popular pide a urxente reparación dos camiños que a alcaldesa de Lugo inaugurou hai seis meses con fondos europeos xa que “hai zonas moi perigosas para os usuarios como consecuencia dos deslizamentos de terra e caídas de muros”.

Os populares afirman que hai buratos de grandes dimensións que dificultan o paso, e mesmo teñen denuncias de veciños que caeron nalgún dos boquetes.

O vicevoceiro popular tamén amosou a súa preocupación pola aparición de xeringas usadas e restos de botellón sobre todo no tramo que comunica a rúa Santiago coa Igrexa do Carme. Antonio Ameijide solicita unha limpeza en profundidade destes camiños xa que “calquera que pase por este tramo pode pincharse” lembrando “moitos usuarios deste paso son pais e cativos dun centro educativo que hai no entorno e que o empregan e como atallo polo que urxe que se extreme a súa limpeza”.

Os populares insisten en que para poñer en valor os máis de 200.000€ investidos polo goberno local neste entramado de camiños é preciso realizar traballos periódicos de limpeza e mantemento. Ameijide concluía “a alcaldesa de Lugo gasta fondos europeos para facerse a foto do día pero  logo é incapaz de manter os proxectos ben por falta de vixilancia, ben por falta de mantemento en boas condicións”. O popular tamén reclamou que se intensifique a prevención dende o ámbito municipal relativa aos factores de risco no consumo de drogas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies