CulturaInfraestruturasLimpeza

O PP urxe ao goberno local a conectar á traída municipal unha fonte na Chanca que leva varios anos seca

By 30 Setembro, 2022Sin comentarios

Rafael Pérez explica que conectar esta fonte, que está en pleno Camiño Primitivo, á rede de abastecemento é unha intervención sinxela xa que a rede de abastecemento está a un metro da fonte e daría un servizo fundamental aos peregrinos que realizan o camiño e que dende hai meses piden auga aos veciños

O Camiño Primitivo é un dos maiores reclamos turísticos que ten Lugo polo que coidar todo o que hai arredor do camiño é fundamental para garantir que a imaxe que levan de Lugo os peregrinos sexa a mellor. Unha implicación que si que mostra a Xunta de Galicia pero que, no caso do Concello de Lugo, deixa moito que desexar.

Un destes exemplos que saca a relucir Rafael Pérez é unha fonte no barrio da Chanca, na entrada do camiño a Lugo, que secou hai dous anos “sen que ao goberno local lle importe” o que provoca que os peregrinos pidan auga aos veciños ante a ausencia dunha fonte pública da que abastecerse.

“Vemos como o abandono de PSOE e BNG con Lugo é diario e compróbase en cada barrio da cidade. Están enfrascados nunha confrontación dentro do goberno local o que provoca que non atendan as necesidades dos veciños”, lamentou o popular.

Rafael Pérez sinala que esta fonte podería manar auga de novo cunha intervención moi sinxela, xa que a rede de abastecemento municipal pasa a un metro desta fonte, polo que se podería realizar de inmediato e dar unha resposta inmediata ás necesidades dos camiñantes. “A mágoa é que deixaron pasar tantos meses e a tantos peregrinos levando unha mala imaxe de Lugo”, lamentou.

Pero nesta zona tamén hai outras necesidades. Por exemplo, a limpeza da maleza. O concelleiro popular pon de relieve como hai poucos días que a área nacionalista do goberno local sacou varias fotos con diversos carteis que colocaron no Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo sinalando que na Chanca colocaron un cartel e “unicamente limparon a maleza no metro e medio que ocupa o cartel, deixando o resto do camiño sen rozar”.

Ante esta situación, Rafael Pérez esixe “responsabilidade” ao goberno local e un plan de limpeza do barrio e un repintado urxente xa que se trata dun punto “moi estreito” onde hai tránsito habitual de coches e veciños e peregrinos “polo que sería convinte reforzar a sinalización e a seguridade”.

Por último, o popular quere destacar un pequeno exemplo do que debe ser a preocupación do goberno local polos veciños. Na Chanca colocaron hai meses uns cobertores para agochar os colectores do lixo e mellorar a imaxe. “Unha boa iniciativa” pero que caeu en saco roto ao ver como a porta que dá acceso aos colectores ten un pasador que non funciona xa que o pasador e a ponte na que ten que entrar non están a mesma altura “polo que a porta, cando hai aire abre de súpeto e non é a primeira vez que bate contra algún peregrino”. “Se os membros do goberno local saíran á rúa verían que hai necesidades que con moi pouco se solucionan”, apuntou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies