MobilidadeUrbanismo

O PP urxe ao goberno local a que axilice as obras de peonalización do centro para o seu remate inmediato

By 1 Outubro, 2024Sin comentarios
  • A concelleira popular Mar Carballas explicou que “a razón do avance tan lento nestas intervencións é porque están condicionadas a que se aproben os modificados das intervencións” salientando que “detrás deste retraso queda en evidencia que hai un problema económico, técnico e xurídico”

 

  • A edil do PP indicou que “o feito de que os modificados da obra de Santo Domingo así como o do tramo entre a porta de Bispo Odoario e a Praza do Ferrol  estéan sen aprobar  dificulta que as obras avancen ao bo ritmo” lamentando que “os compromisos adquiridos pola alcaldesa hai máis dun ano, a día de hoxe, estean sen materializar”

 

  • A concelleira popular explicou que dende o 31 de xullo o Grupo Popular solicitou acceso e copia aos últimos modificados das obras e dende esa data ainda non conseguimos a información porque non existe pese a que reiteramos esta petición ata en catro ocasións máis: o 13 e o 23 de agosto, o 20 de setembro e hoxe mesmo 1 de outubro”

 

  • Mar Carballas quixo agradecer a atención dos funcionarios recriminando “a falta de vontade de PSOE e BNG para poder fiscalizar esta documentación, así como a falta de vontade política para acabar axiña esta intervención, tal e como se pode comprobar cos prazos que se incumpren de forma sistemática, e as prórrogas que só agravan a situación”.

 

  • “Estamos sorprendidos porque Alvarellos reclama a outras administracións celeridade en obras como a da intermodal, mentres que nas intervencións que dependen dela acumulan retrasos; causan trastornos ao veciños e perdas económicas aos  comerciantes”

 

  • A concelleira popular tamén considera “insultante” que a alcaldesa intente minimizar o feito de que falten os modificados dando a entender que para as próximas eleccións os lucenses xa non se acordarán dos perxuizos e trastornos que ocasionaron os retrasos das obras”.

 

 

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies