InfraestruturasObras

O PP urxe o desbloqueo para a construción do novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón

By 3 Outubro, 2023No Comments

Os populares critican o retraso do bipartito en pechar o acordo coa entidade bancaria, propietaria das instalacións do antigo colexio, para que pasen a ser titulariedade municipal

  • A voceira e membros do Grupo Popular mantiveron unha reunion co xefe de servizo do centro, Angel Enrique Martínez-Puga López, quen lles trasladou “a importancia e a necesidade de ter canto antes en funcionamento esta dotación”
  • Cunha planificación axeitada o barrio conseguiría unha dotación sanitaria máis moderna, espaciosa e accesible así como gañaría espazos públicos para ocio e fomento do asociacionismo xa que é preciso transformar estas dotacións para acondicionar unha pista deportiva aberta, unha praza pública e locais para o tecido asociativo”
  • Os populares explican que no ano 2018 rematou o convenio de cesión para usos educativos dos edificios e terreos onde está o vello colexio do barrio “nin foron que de prever, nin tampouco deron en 5 anos pasos en firme para solucionar esta cuestión sendo a veciñanza a gran perjudicada desta falta de xestión”
  • Os populares piden explicacións ao bipartito sobre “o punto no que están as negociacións coa entidade bancaria propietaria dos edificios e cuxas instalacións levan baleiras dende xuño de 2021.
  • O PP “leva anos liderando a creación de novos equipamentos no Sagrado Corazón como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou hai 3 anos. A base de persistencia o Partido Popular conseguiu que se construise o novo colexio do Sagrado Corazón no que a Xunta investiu 4,2M€ e que é un referente en Galicia da arquitectura pedagóxica.

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies