Os populares desvelarán mañá o sentido do voto do pleno do xoves nunha rolda de prensa convocada ás 11.00 horas manifestando que “nun exercicio de responsabilidade estamos intensificando os contactos con particulares, empresarios e representantes de asociacións veciñais para chequear ao máximo os documentoss e planos”
O Partido Popular amosou a súa satisfación “polo ton das conversas e o marco de harmonía no que se desenvolveu esta mañá a reunión que mantiveron co concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, para tratar algúns aspectos da documentación relativa ao 5% do PXOM pendente de aprobación” engadindo que “estamos terminando de analizar e revisar o expediente para votar o xoves no pleno con responsabilidade”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide agradeceu a boa disposición do edil socialista “está dándonos todas as facilidades para consensuar, ogallá que a alcaldesa houbera tido esa mesma actitude e man esquerda”, subliñou en alusión á negativa de Méndez de aprazar o pleno da semana pasada para darnos máis tempo a estudas os documentos e planos.
Os populares anunciaron que seguirán hoxe coa ronda de xuntanzas con particulares, empresarios e representantes veciñais e de asociacións e anunciaron que mañá farán público mañá o sentido do seu voto.