Obras

O PP ve “inédito” que o Concello leve tres meses para iniciar obras adxudicadas

By 13 Febreiro, 2017Sin comentarios

 O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, considera que o feito de que aínda non se empezaran as obras de renovación de servizos e pavimento en Casás adxudicadas o 7 de novembro é “un termómetro perfecto” da “lentitude e parálise municipais”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, cualifica de “inédito” que o Concello de Lugo leve dende hai tres meses con obras adxudicadas para catro rúas do barrio de Casás (Orquídea, Castiro, Monte Penarrubia e Francisco Moure) pero que “a día de hoxe seguen sen comezar”.

Tal como explica, trátase da renovación de servizos e pavimentación neste barrio, por un importe de 115.494,50 euros (IVE incluído), adxudicada o 7 de novembro de 2016 e formalizado catro días despois. “Dáse a circunstancia paradoxal de que o prazo de execución é de tres meses, exactamente o mesmo tempo que leva o goberno municipal sen comezar a executalo”, detalla Ameijide, para quen “este caso é o termómetro perfecto da lentitude e a parálise municipais”. “O máis preocupante é que non se trata dun caso illado ou dunha excepción, senón que esta é a tónica dominante que se traslada ao resto de barrios do municipio e ao resto dos concelleiros do goberno local”, valora.

Así mesmo, o vicevoceiro popular destaca que “á vista destes ritmos de traballo, non resulta extraño que a alcaldesa continúe a vivir das rentas e do plan de investimentos que PP e PSOE pactamos en 2014”. Nesa liña, Ameijide subliña que “é certo que con López Orozco nos queixabamos de que o Concello de Lugo funcionaba demasiado lento, pero é que con Lara Méndez directamente non funciona”, algo que é “facilmente imputable” ás circunstancias nas que a socialista se fixo coa alcaldía: “sen ser de Lugo, sen poder votarse a si mesma por non estar censada no municipio e sen ter o máis mínimo interese por ocupar o cargo”.

Por último, o popular ironiza con que “na etapa de oposición a Orozco poderiamos dicir que este comportamento se debía ao interese do socialista só por mellorar as rúas do centro, pero é que coa alcaldesa nin sequera esas coida”.  

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies