Servizos sociais

O PP ve necesaria unha oficina municipal de atención aos migrantes e propón elaborar unha guía de recursos sociais e programas para este colectivo

By 20 Xuño, 2023Sin comentarios

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia, xunto con concelleiro responsable da área de Servizos sociais, Gustavo Díaz participaron nunha mesa de traballo á cal asistiron asociacións e entidades sociais que traballan con colectivos migrantes

O Grupo Municipal ofrecerá atención individualizada ás persoas que son de diferentes países e que residen en Lugo para “canalizar as súas peticións e facilitarlles o contacto coas administracións e as entidades sociais que traballan con esta poboación”.

Dentro da dinámica de traballo do Grupo Popular vanse organizar Mesas temáticas de traballo a primeira delas, a da migración, quedou onte constituída e estará coordinada por Gustavo Díaz que é o concelleiro responsable da área de benestar social, migración e voluntariado.

Elena Candia explicou que “o coordinador desta Mesa ten gran experiencia co tecido asociativo de ámbito social, primeiro pola súa vinculación con entidades como a AECC, segundo, pola súa formación xurídica especializada e, terceiro lugar, pola súa actividade de voluntariado en diferentes ámbitos”.

Os populares ven necesaria a creación no Concello dunha oficina especializada de atención á poboación migrante, un servizo que a xuizo dos populares “é imprescindible para ofrecer información sobre programas formativos, orientación e seguimento dos procesos de inserción ou intervencións sociofamiliares”.

Dentro da dinámica de traballo que levará a cabo o Grupo Popular, cunha escoita activa permanente, se habilitará un horario para atención individualizada para o colectivo de migrantes co ánimo “de crear un fío directo de comunicación entre os colectivos de migrantes e as administracións ou entidades sociais que promoven accións con eles”.

 

GUÍA DE RECURSOS

As entidades que asistiron ao encontro insistiron “na creación dunha guía dos recursos sociais e dos programas que ofrecen as diferentes entidades do municipio para migrantes co obxecto de ter identificadas as funcións de cada asociación e, deste xeito, cubrir os baleiros que hai e así dar solucións ás necesidades reais desta poboación”.

Dende o Grupo Municipal participaremos de forma activa na elaboración deste documento xa que consideramos que “esta radiografía dos recursos que existen en Lugo optimizará e ordenará os recursos e permitirá desenvolver un traballo en rede máis eficaz”.

 

CONSELLO LOCAL DE SERVIZOS SOCIAIS

O PP tamén suxiren que se recupere o Consello local de Servizos Sociais, desactivado dende hai máis dunha década, para poder dar unha participación real nas políticas sociais ao tecido asociativo que traballa neste eido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies