consumo galegoEconomía

O PP ve necesario impulsar unha Mesa Comercio Activa como canle de intercambio de información e propostas

By 2 Novembro, 2023No Comments
  • Os populares din que é preciso impulsar un plan de acción permanente cun paquete de medidas de apoio ao sector para concienciar á cidadanía para que nesta campaña de Nadal fagan as súas compras nos establecementos situados no entorno máis próximo

 

XOVES 31 DE OUTUBRO DE 2023

  • Os comerciantes, se ben entenden as molestias propias das obras, manifestaron a súa preocupación polos problemas que están supoñendo “os retrasos e a falta de planificación dos traballos que se realizan no casco histórico” e din estar preocupados pola campaña navideña e incluso a de primavera verán, xa que hai moita confusión nos itinerarios de acceso ao recinto amurallado que retrae aos clientes.

 

  • O PP comparte a súa petición de que o concello debe ser unha administración colaboradora e por iso é preciso que se faciliten os trámites burocráticos no concello de Lugo aos emprendedores cunha simplificación dos procedementos e dar unha participación activa ao sector na elaboración de ordenanzas ou de cuestión que afecten ao futuro dos seus negocios.

 

  • Tamén hai que incentivar con axudas aos comercios de barrio tanto aos novos proxectos como aos que xa existen, salvaguardando aqueles comercios emblemáticos de Lugo; asemesmo  é importante potenciar os produtos autónomos

 

  • No paquete de medidas que o PP consensuou coa Federación de Comercio salienta a necesidade de colaborar dende a administración local coa transformación dixital do pequeño comercio avogando por “axudar ás empresas para que aceleren esta transformación e reforzar a súa competitividade”

 

  • Apoiar a formación continua é outra das necesidades do comercio minorista “é preciso investir en programas de capacitación, asesoramento, formación ou tamén de renovación e modernización de establecementos”

 

  • Á vista da boa valoración por parte da Federación de Comercio dos bonos Activa Comercio da Xunta proporase que a administración local financie campañas colectivas como podería ser a creación de axudas a menores deportistas e alumnado de estudos musicais que beneficiarán a todas as familias luguesas e ao comercio dos barrios

 

  • A proposta é dar axudas de 200 euros para deportistas de entre 6 a 18 anos que practiquen unha disciplina federada e outras, dese mesmo importe, para alumnado de ensinanzas musicais. As primeiras destinaríanse para compra de material deportivo e as segundas para adquisición de instrumentos

 

MELLORAR SERVIZOS

 

  • Mellorar a seguridade das zonas comerciais, cunha maior presenza policial, e dar solución aos problemas de mobilidade con aparcamentos gratuítos “para os clientes que aporten ticket de compra”; a creación máis aparcamentos disuasorios;  e unhas mellores combinacións de autobuses” completan o plan de acción permanente para apoiar a supervivencia do comercio local

 

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies