Persoal

O PP ve a política de persoal “máis enquistada e encallada ca nunca”

By 7 Novembro, 2016Novembro 8th, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, urxe aos socialistas a convocar “antes dos orzamentos de 2017 todas as prazas de funcionarios e laborais pendentes, as que veñen da OPE de 2015, as que resulten da de 2016 e as dos servizos esenciais”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, afirmou esta mañá en rolda de prensa que a política de persoal municipal está “máis encallada e máis enquistada ca nunca”.

Nesa liña, Ameijide asegurou que “lonxe de mellorar tras a chegada da alcaldesa, a situación non deixou de deteriorarse”, con servizos que, “engadidos a aqueles que xa viñan manifestando problemas, como o de augas ou electromecánicos” fóronse sumando outros novos, “provocados polos caprichos do novo goberno”, como a Policía Local, cun nomeamento irresponsable do encargado de tramitar as sancións ao non ter a categoría profesional requerida para iso, ou na Escola Municipal de Música, “no aire pola falta de solucións”. Deste xeito, o vicevoceiro lamentou que “nin sequera deron un mínimo paso cos nove servizos que declararon esenciais (Actas e Goberno, Intervención, Asesoría Xurídica, Tesourería e Contabilidade, Facenda Local e Inspección Tributaria, Administración Electrónica, Emprego, Escolas infantís e a xestión dos comedores escolares), o que deixa ben ás claras que a política que fai este goberno local é só de cara á galería e buscando o titular nos medios, non atender as necesidades do lugueses”.

Paralelamente, solicitou que se cubran todas as vacantes co persoal “tal como a lei nos permite”, para o que urxiu aos socialistas a sacar adiante a Oferta de Emprego Pública de 2015, “aprobada case cun ano de retraso, o 23 de decembro e non publicada no BOP ata o 23 de xaneiro de 2016” e, ademais, a “desatascar” a de 2016, que “cando estamos a piques de rematar o ano, aínda nin sequera se levou á mesa negociadora”. “O que demostra todo isto é que os socialistas non empregaron todos os recursos que teñen ao seu alcance para paliar as necesidades apremiantes de persoal, nin sequera nos departamentos de Bombeiros e de Policía Local”, valorou, ao tempo que puxo sobre a mesa “o risco” de que ducias de empregos se acaben perdendo por non levar a cabo a cobertura das prazas en tempo e forma xa que, de acordo coa taxa de reposición, só se pode realizar ao ano seguinte de producirse a baixa.

Relación de Postos de Traballo (RPT).-

Por outra banda, o vicevoceiro popular tamén detallou que o venres 4 de novembro de 2016 este grupo político rexistrou unha proposición para que, antes da aprobación dos orzamentos municipais de 2017, o Concello dispoña dunha RPT actualizada que regularice a situación irregular de máis de 100 postos de traballo. Nesa liña, o popular insistiu en que “a vixente, de 2006, non se axusta á realidade actual do Concello”, posto que existen traballadores que ocupan postos que non figuran na RPT, “advertencia que sistematicamente fai o interventor municipal”, mentres que outros postos que si se recollen neste documento non están cubertos. A este respecto, Ameijide apelou á conveniencia de reasignar efectivos para redistribuílos tendo en conta o volume de traballo que teñen.

Por último, o popular considerou “un escándalo” que “a nova directora xeral de persoal, nomeada hai catro meses, se desentenda agora desta actualización, cando segundo o goberno, era un dos principais cometidos e unha das prioridades polas que se contrataba esta persoa”. 

 O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, urxe aos socialistas a convocar “antes dos orzamentos de 2017 todas as prazas de funcionarios e laborais pendentes, as que veñen da OPE de 2015, as que resulten da de 2016 e as dos servizos esenciais”

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies