Hostelería

O PP ve unha nova improvisación e unha alarmante falta de xestión na regularización das terrazas

By 20 Xullo, 2024Sin comentarios
  • A aplicación do bando municipal, que non ten en conta as singularidades das rúas peonís, está a provocar incertidume entre os hostaleiros da nosa cidade.

 

  • Dende o PP sinalan que “un sector económico tan importante non pode estar a expensas de interpretacións” que provocan a destrución de emprego.

Sábado, 20 de xullo de 2024.

Os populares denuncian que “estanse a tomar decisións sen ningún criterio afectando a  terrazas no centro de Lugo que poderíanse manter ou reubicar en zonas peonís, garantindo así o mantemento de emprego e a supervivencia de locais de hostalería”. A xestión dos espazos debe facerse con equilibrio e acerto, de maneira que se poida convivir e xerar dinamismo económico.

A falta de claridade provoca interpretacións do bando distintas, correndo o risco de xerar desigualdades. “Algúns hosteleiros trasladáronnos que a mesma situación provoca ordes contraditorias ata o punto de dar unha instrución á mañá e pola tarde a contraria” sinalan dende o grupo municipal.

Una cidade como Lugo que ten 3 patrimonios da Humanidade e que o seu casco histórico aspira a ser tamén Patrimonio da Humanidade merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura que permita disfrutar tamén dos espazos peonís.

O concelleiro Antonio Ameijide reclama á alcaldesa “un bando aclaratorio para dar certezas e certidume á hostalería lucense” matizando que “non podemos xogar coa subxectividade de quen informa nas terrazas cun  bando que é totalmente inconcreto”

A falta de regulación por parte do goberno perxudica a un sector que xa sufriu en primeira persoa perdas económicas na época da pandemia e que agora ven como boa parte do investimento que fixeron no mobiliario, toldos ou cortaventos para as terrazas pode perderse.

Dende o PP advirten que esta situación daña a imaxe da cidade “a retirada de terrazas do casco histórico en plena campaña de verán que é cando a xente disfruta das rúas e dos espazos ao aire libre restan vida ao centro”.

 

Son moitos os compromisos incumpridos polo goberno de maneira reiterada e manténdose de maneira inaceptable durante moito tempo. Os populares recordan “as cantidades que lles prometeron devolver e que non o fixeron ou a prometida ordenanza da que levan dicindo que hai un borrador pero que non avanza son algúns exemplos”.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies