O Grupo Popular continua co seu programa de visitas a dependencias municipais dentro da súa liña de traballo de escoita activa e esta semana percorrerán os centros sociais da cidade coa idea de coñecer de primeira man, a través dos usuarios e do seu persoal, a situación das instalacións e os servizos que se prestan.
Gustavo Díaz, responsable de servizos sociais do Grupo Municipal, explica que estes centros “son lugares de dinamización e de atención para multitudes cuestións que afectan á veciñanza, ademáis de ser puntos de información e de formación mediante talleres”
Para os populares hai marxe de mellora nas programacións e nos servizos que se están prestando e afirma que “Lugo ten como asignatura pendente impulsar nos centros sociais iniciativas novidosas que se adapten á realidade da poboación dos diferentes barrios do municipio”
O popular tamén eloxiou o traballo do persoal que está nos centros sociais “pola grande responsabilidade que asumen xa que se trata de crear un espazo de convivencia e de integración, algo que só se consigue con esforzo e moita profesionalidade