EconomíaTransparencia

O PP vota non aos orzamentos que Méndez e Arroxo deseñaron para a súa campaña electoral e non para desbloquear proxectos e dar solucións aos lucenses

By 16 Decembro, 2022No Comments

Antonio Ameijide lamenta que os orzamentos que aprobaron Méndez e Arroxo son malos para o Concello, para a creación de oportunidades e para os lucenses xa que non figuran proxectos imprescindibles para os lucenses, como poden ser o abastecemento e saneamento nas parroquias

O Grupo Municipal do Partido Popular votou non aos orzamentos de Lara Méndez e Rubén Arroxo para 2023 por consideralos “malos para o Concello, para a creación de oportunidades e para os lucenses” xa que se trata dunhas contas pensadas para a propaganda electoral de Lara Méndez e Rubén Arroxo.

Antonio Ameijide acusa a Méndez e Arroxo de realizar unhas contas “falsas” e que endebedarán aos lucenses xa que contemplan uns ingresos de 106M€ e prevén un gasto de 118M€, déficit ao que hai que engadir a solicitude dun crédito de 11.7M€ que hipotecará aos lucenses durante os vindeiros 11 anos.

Sinala o vicevoceiro popular que se trata “dunhas contas pensadas nas eleccións de maio nas que non figuran proxectos imprescindibles para os lucenses” como pode ser o abastecemento e saneamento nas parroquias, a procura de solucións á falta de aparcamento nos barrios, o arranxo da escola infantil municipal Gregorio Sanz, recuperar a concesión da explotación da Fábrica da Luz ou para paliar o deficiente mantemento da cidade.

Ameijide pechou a súa intervención no debate sinalando que “este orzamento certifica que Lugo ten agora un goberno dañino para a cidadanía”, ao que engadiu que “2023 será o ano do cambio, o ano do cambio no Concello de Lugo, na Deputación de Lugo e no Goberno Central para que gobernos do Partido Popular fagan o que vostedes non fixeron: gobernar por e para as persoas. Facer que Lugo medre e dar a Lugo as oportunidades que PSOE e BNG lles roubaron en 24 anos”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies