A concelleira popular Mar Carballas explicou hoxe que o Grupo Popular votou, na comisión especial de contas, en contra das modificacións das ordenanzas fiscais acordadas por PSOE e BNG que implicarán un incremento dos impostos municipais en 2025.
· Resulta curiosa a sorprendente rapidez coa que socialistas e nacionalistas convocaron o pleno onde se aprobará esta suba de impostos que está previsto para o vindeiro martes 17 ás 9:00 da mañá “esta actitude deixa clara que a súa prioridade non é resolver os problemas dos veciños senón aumentar a presión fiscal aos lucenses”.
· A popular recriminaba que “mentres tanto seguimos sen novas de dous plenos clave: o dos orzamentos municipal onde o goberno local debe explicar a folla de ruta e os investimentos para o vindeiro exercicio e, o pleno do debate do estado da cidade imprescindible para facer balanzo e render contas con transparencia”
· A popular preguntase “por que esta axilidade para cargar máis impostos á veciñanza e, ao mesmo, tanta demora nos temas que afectan á mellora dos servizos dos lucenses”.