Boletín

“O PSOE nin escoita, nin traballa, nin mellora os servizos e ao BNG só lle preocupa facer oposición á Xunta do PP”

By 3 Xullo, 2024Sin comentarios

A voceira do Grupo Popular presentou o número 4 do boletín do Grupo municipal que abre a portada cunha tribuna sobre o  PRIMEIRO ANO DESTE MANDATO destacando ás 597 inciativas rexistradas polo PP e lamentando “a falta de xestión do PSOE e que o BNG se pon de perfil en temas importantes para Lugo”

Baixo o título “Un ano camiñando contigo” repasa o traballo  feito polos 12 concelleiros populares destacando ás 597 iniciativas rexistradas entre proposicións, rogos e preguntas e tamén ratifica o compromiso cos lucenses para seguir traballando no que queda de mandato para impulsar accións que melloren a calidade de vida da veciñanza

Na sección do que “O que conseguimos no último trimestre” detállanse diferentes propostas nas que houbo un traballo de cooperación e se contou co apoio da Xunta de Galicia “son proxectos que supoñen a revitalización de barrios como o da Residencia ou solucións para crear máis aparcamentos en zonas como o barrio de Abella”.

Tamén se aprecia unha sensibilidade do goberno de Rueda que atendeu ás peticións presentandas dende o Grupo Popular con iniciativas relacionadas coa cultura, conservación do patrimonio ou o turismo e que suporán un motor para o emprego local como por exemplo: a elección e o impulso para que Lugo acollese o Campinato Mundial de Motocross; o recoñecemento da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural; ou as achegas para arranxaar problemas de humidades da Catedral, un dos 3 patrimonios mundiais que temos

Na análise que se realiza en dúas planas tituladas “Desmontando ao PSOE e ao BNG” recollemos algúns exemplos que demostran que o PSOE non é bo xestor, nin escoita, nin traballa, nin mellora os servizos: a improvisación das obras do casco histórico e os problemas de mobilidade; o atasco de licencias; a súa intransixencia coas peticións dos traballadores municipais que os obriga a protagonizar concentracións e protestas nos plenos; a contratación dun crédito para poder investir; ou o fracaso na xestión do ciclo da auga … eso sen olvidar o fiasco en proxectos como o da praia fluvial un exemplo claro de como “cando rectifican, acertan”

En canto ao BNG destacar como se pon de perfil nos temas relevantes para Lugo e o que fai é oposición como demostra pedindo apertura de novos espazos de aparcamento cando os que dependen da súa formación como o do fogar de Santa María sigue pechado; a súa negativa a dotar de contido e de poñer en marcha o Auditorio de Magoi; participar en caravanas reinvidicativas para que Madrid arranxe as estradas cando eles teñen todo Lugo repleto de baches ou o fracaso na reestruturación dos autobuses.

No apartado “Estivemos Contigo” facemos un repaso en imaxes de actos culturais, sociais e de escoita activa nos que participamos nestes últimos tres meses incluíndo cun destacado do traballo de escoita activa realizada cos Colexios Profesionais lucenses.

Na contraportada espazo para o Partido Popular a nivel local. Nesta sección “Un equipo máis vivo que nunca” dáse a benvida aos135 novos afiliados e afiliadas rexistrados no último trimestre. Tamén hai un destacado para a exposición fotográfica “A Residencia un barrio con futuro” que está aberta ao público na sede do Partido Popular e que se organizou coa colaboración da veciñanza.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies