
• O Grupo Municipal do Partido Popular reuniuse na tarde de onte cos veciños para presentarlles o conxunto de actuacións previstas, que inclúen unha senda peonil, dous novos pasos de peóns e o reforzo da sinalización.
• A Xunta de Galicia adxudica as actuacións a realizar para a mellora da seguridade da estrada LU-530 ao seu paso polo núcleo de Castelo. A primeira fase dos traballos comezará despois de Semana Santa.
• Aténdese así unha demanda dos veciños de Castelo, que nos presentou no mes de Xullo do 24 na reunión que tivemos no barrio dentro da programación de encontros cos veciños que desenvolvemos dende o grupo municipal do PP nos distintos barrios e parroquias da cidade.
Dende o grupo muncipal popular entendemos que esta vía, de titularidade autonómica, debería ser transferida ao Concello previo convenio de colaboración (coma se fixo, na mesma vía, co tramo da rotonda de San Eufrasio), o que permitiría que as dúas administración colaborasen para realziar as actuacións acordes ao caracter plenamente urbán da área de Castelo. Lamentablemente, PSOE e BNG negáronse a aceptar esta proposta, polo que toda a actuación de mellora de convivencia do alto tráfico soportado e a circulación de peóns lévase a cabo por iniciativa da administración autonómica.
O Grupo Municipal Popular, coa presentación do inicio destas obras, asume o compromiso adquirido cos veciños de Castelo nas sucesivas reunións mantidas (xullo, agosto, outubro e decembro do ano pasado e en xaneiro deste mesmo) de mellorar a seguridade dunha vía de acceso á cidade que soporta un elevado tránsito de vehículos. Estas melloras foron consensuadas cos veciños de Castelo nas sucesivas reunións de traballo mantidas.
En setembro o concello opúxose a ser parte da solución, (e aínda está por explicar por qué quixo solicitar a cesión da mesma vía na zona de San Eufrasio e negouse a recibir a titularidade da vía no tramo de Castelo) e por iso as obras que dan comezo agora teñen que ser levadas a cabo pola Xunta de Galicia en exclusiva, noutro novo exemplo de que PSOE e BNG non atenden ás necesidades de todos os veciños de Lugo por igual: Para eles sempre semella haber lucenses de primeira e lucenses de segunda.
Coa complicidade do grupo municipal do PSOE, o voceiro do BNG, don Rubén Arroxo, adoita empregar este tipo de situacións para xerar confrontación ou poñerse de perfil, segundo conveña aos seus intereses ideolóxicos.
As actuacións adxudicadas inclúen:
• unha senda peonil que abarca 360 metros de percorrido cun investimento de 610.500€ que se divide en 3 actuacións co obxectivo de axilizar ao máximo os traballos
• estreitamento dos carrís de circulación en todo o tramo limitado a 50 km/h (pasan de 3,50m a 3,20m) o que permite aumentar beiravías
• Instalación de balizas cilíndricas reflectoras pra favorecer que os conductores visualicen mellor a separación carril-beiravía e diminúan a velocidade
• Reforzo da sinalización horizontal e vertical coa colocación de carteis luminosos , co obxectivo de transmitir aos usurios da vía que circulan por un tramo de estrada de características singulares e que, polo tanto, deben adecuar a súa condución a esas circunstancias.