Sen categoríaUrbanismo

O PP propón que o actual colexio do Sagrado Corazón albergue, no futuro, un centro de saúde e dotacións públicas

By 11 Outubro, 2016Sin comentarios

O Grupo Popular solicita ao goberno local que inicie as xestións oportunas coa entidade propietaria dos terreos do actual colexio do Sagrado Corazón (Abanca) co obxectivo de garantir que, en 2018 cando remate o convenio de cesión dos terreos e os equipamentos para os usos educativos,  pasen a ser de titularidade municipal e teñan uso público.

“O que queremos é que esas dotacións se transformen en equipamentos para o barrio, como poden ser un novo centro de saúde, unha pista polideportiva aberta, unha praza pública, locais para asociacións de tipo social, veciñal e xuvenil … ”, explicou Jaime Castiñeira.

O popular salientou que urxe iniciar as conversas coa entidade bancaria propietaria dos inmobles xa que “queda un curso académico para que  venza a cesión de Abanca  polo que é hora de que o goberno teña unha idea clara do que quere facer con eles”.

O voceiro dos populares indicou que no vindeiro pleno pedirá o apoio á corporación a unha iniciativa na que“instan ao goberno municipal a iniciar, de forma urxente, a negociación co titular das instalacións de uso educativo do Sagrado Corazón para avanzar na súa cesión ao Concello de Lugo. Unha vez que estas dependencias pasen a ser de titulariedade municipal se realicen os estudos necesarios para determinar se  neste espacio é viable, entre outros usos, instalar o novo Centro de Saúde do barrio”. O voceiro popular indicou que hai que “analizar si algún dos actuais edificios se adaptan para un uso sanitario ou ben se é preciso construír nesa superficie outro novo edificio”. O popular matiza que, no caso no que non se  adecúe o espazo existente para este uso sanitario, o goberno local ten a obriga de buscar outros terreos no barrio para poñer a disposición da Xunta e tramitar a construcción dun novo centro de saúde.

Os populares solicitan aos socialistas “pasos firmes” con este proxecto para configurar e mellorar o  barrio lembrando que o seu grupo “leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio”.  Para Castiñeira hai que evitar demoras inxustificables “como a falta de vontade dos socialistas para  entregar os terreos edificables á Xunta  para o novo colexio Sagrado Corazón”.

Castiñeira indicou que “cunha planificación axeitada o barrio conseguiría unha dotación sanitaria máis moderna, espaciosa e accesible así como gañaría espazos públicos para ocio e fomento do asociacionismo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies