SeguridadeServizos xeraisTransparencia

Os concelleiros do Grupo Popular doarán o 30% do seu soldo e indemnizacións na loita contra o coronavirus

By 7 Abril, 2020No Comments

Os populares “como xesto de solidariedade cos sectores máis vulnerables afectados pola crise do coronavirus” destinarán parte dos seus ingresos “para a adquisición de material de protección determinante para poñer freo a esta pandemia”

Os políticos do Grupo Municipal Popular do concello de Lugo doarán parte das súas retribucións á loita fronte ao Covid-19. Os  concelleiros con dedicación exclusiva entregarán o 30% do seu salario e o resto dos edís da agrupación local renunciarán, tamén, a parte das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados co ánimo de sumarse á facer fronte común para a compra de material de protección.

“Con este xesto o que queremos e pór o noso pequeno gran de area nesta loita contra a pandemia. Aquí non se trata de colgarse medallas o que pensamos é que todos temos que arrimar o ombro para gañar esta batalla”, reflexionaba o voceiro dos populares.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies