EconomíaInfraestruturasSen categoría

Os orzamentos da Xunta para Lugo “poñen no centro ás persoas apuntalando o modelo de cidade que queremos”

By 18 Outubro, 2024Outubro 20th, 2024Sin comentarios

Son unhas contas que: priorizan o benestar das persoas, reforzando servizos públicos como sanidade e servizos sociais destacando o investimento de 1,3M€ para dar un uso ao antiguo edificio de APNAIS; apostan polo emprendemento e á creación de emprego e aseguran fondos para continuar cos compromisos adquiridos en anos anteriores” 

Salientar o incremento dun 15% en política social, con respecto ao ano anterior, ata acadar 52,5M€ de investimento total nesta Consellería demostra o compromiso  firme da administración autonómica coa nosa cidade.

Os orzamentos da Xunta con Lugo mellorar a atención aos maiores usuarios das residencias se destinan: 4 M€ para a remodelación da residencia de As Gándaras (logo de investir 2M€ o ano pasado); 1,4M€ remodelación da residencia de maiores da Milagrosa.

Asemesmo figuranunha partida de 7 M€, un 19% máis que no anterior exercicio, para bonos de dependencia para os nosos maiores

Tamén no eido da conciliación indicar que 1.300 cativos e cativas lucenses beneficiaranse, por terceiro ano consecutivo, da gratuidade das escolas infantis e, por último, hai unha resera de 500.000 € para o novo centro de crise 24H para atención ás vítimas da violencia de xénero

Outros investimentos que reforzan a mellora de servizos públicos son o 1,3M€ para a reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa así como o impulso del Centro de Sagrado Corazón con orzamento na partida  de equipamentos e obras de centros de atención primaria.

A voceira do Grupo Popular Elean Candia insiste en que o modelo de cidade que defende o Partido Popular para Lugo, centrado nas persoas, está presente en cada partida do orzamento. “A creación de emprego e atracción de empresas xunto coa mellora de infraestruturas e o acceso á vivenda son fundamentais para o benestar da cidadanía” engadindo que “esas prioridades se apuntalan neste orzamento da Xunta”

A popular refírese, entre outros investimentos, aos 4,7 M€ para a ampliación do parque empresarial de As Gándaras ou os 12,1 M€ para vivenda pública

Se aspiramos a que o Concello sexa motor da provincia é necesario dar un pulo ás infraestruturas, por iso é moi importante destacar os 6,2 M€ que presuposta a Xunta para impulsar a Estación Intermodal de Lugo, unha infraestrutura estratéxica para acadar a plena integración da estación de autobuses coa ferroviaria. Agora ten que acompañar o Goberno do Estado para levar o AVE en tempo e forma e así deixar de ser unha das poucas cidade de 100.000 habitantes sen tren de alta velocidade.

A voceira popular tamén salientou diferentes partidas que son necesarias para continuar cos compromisos adquiridos enumerando entre outras: a segunda anualidade de 1.6M€ para a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti; 4M€ (período 2022/25) para promover o Campus Terra; 000 euros paro Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo; 500.000 € mellora das conexións no Plan Paradai, 360.000€ en accións de restauración da muralla

No capítulo de deportes figura o 1,6 M€ para a reforma do estadio lucense Anxo Carro cuxo investimento é de 3M€ que se distribuirá en dúas anualidade, un investimento que exemplifica a vontade da Xunta en seguir mellorando infraestruturas deportivas da cidade.

 A voceira popular reflexionaba que “fronte ao modelo do goberno local , empeñado en proxectos sen valor engadido aos lucenses, os orzamentos da Xunta poñen o foco no que realmente importa: o benestar e o futuro das persoas”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies