Medio Ambiente

Os populares critican que non se dé resposta aos veciños de Venancio Senra afectados por unha fuga de augas fecais

By 31 Agosto, 2019No Comments

O grupo popular afirma que a filtración afecta a varios garaxes e que hai o cheiro chega ata as zonas comunes do edificio afectado reclamando “a reparación urxente da tubería afectada”.

Dende o PP lamentan que unha vez máis “os lucenses sufran as consecuencias do desmantelamento das brigadas de diferentes servizos municipais” e se pregunta se o novo goberno municipal vai seguir “asfixiando brigadas ou, pola contra, as vai reforzar, tal e como pide e defende o Partido Popular

Os populares opinan que a xestión desta fuga visualiza a descordinación dos socios de goberno “nin eles mesmos saben quen ten a competencia xa que ata alí foi urbaser, a policía local, e a brigada de augas e os veciños seguen agardando polos responsables de saneamento urbano”

O PP recomenda ao novo goberno local “máis coodinación, máis comunicación entre eles e menos fotos”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies